Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-OCEAN-2013 - O Océano do Mañá 2013

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

A estratexia da UE para a investigación mariña e marítima apoia o obxectivo da política marítima integrada dunha economía marítima próspera e sostible. É un compoñente clave na conciliación do crecemento das actividades marítimas coa sustentabilidade do medio ambiente e polo tanto contribúe á meta de Europa 2020 en canto a un crecemento intelixente, incluyente e sostible para Europa. Neste contexto, esta convocatoria ten como obxectivo fomentar enfoques multidisciplinarios e a fertilización cruzada entre as diversas disciplinas científicas e sectores económicos en temas craves transversais mariña e os desafíos marítimos.

Esta convocatoria que combina varias temáticas cruzadas centrarase nesta ocasión nas tecnoloxías mariñas.

Eidos de actuación

As accións previstas son as seguintes:
- OCEAN.2013-1 Biosensores para a vixilancia en tempo real de risco biolóxico e humano en canto aos contaminantes químicos no medio mariño
- OCEAN.2013-2 Sensores innovadores multifuncionais para o control in situ do medio mariño e relacionados coas actividades marítimas
- OCEAN.2013-3 Materiais anti-incrustantes innovadores para aplicacións marítimas
- OCEAN.2013-4 Transportes innovadores e sistemas de implementación para o sector da enerxía eólica en alta mar

Destinatarios

Poden participar todo tipo de entidades públicas ou privadas.

Socios

É necesario a formación dun consorcio dun mínimo de 3 socios.

Financiamento

A cofinanciación comunitaria varía entre 6 e 10 millóns de euros.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria é de 55 millóns de euros.

Duración do proxecto

Para algunhas actividades a duración mínima é de 3 anos.

Data de publicación

10/07/2012

Data límite de solicitude

07/02/2013

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante