Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-ERANET-2013-RTD - ERA-NET 2013

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

O obxectivo de Eranet consiste en reducir a fragmentación dos esforzos en investigación realizados a nivel nacional en Europa co fin de:
- Lograr unha masa crítica para asegurar o mellor uso dos escasos recursos.
- Unir forzas para proporcionar solucións comúns a problemas comúns.
- Dirixir asuntos globais.
- Desenvolver propostas comúns (por exemplo, ética, estándares).
- Dirixir asuntos xeográficos específicos.
- Falar con ”unha soa voz” a terceiros países.

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo de ERA-NET é o de desenvolver e fortalecer a coordinación dos programas de investigación nacional e rexional a través de dúas accións específicas:
- “Accións ERA-NET” que proporcionan un marco para os actores que executan programas de investigación públicos para coordinar as súas accións.
- “Accións Plus ERA-NET” que proporcionan apoio financeiro adicional para facilitar convocatorias conxuntas para propostas entre programas nacionais e/ou rexionais.

Eidos de actuación

Seguridade alimentaria, agricultura sostible, investigación mariña e marítima e a bioeconomía
Investigación socioeconómica e o apoio ás políticas

- KBBE.2013.1.4-01 Xestión Sostible e multifuncional de Bosques ERA-NET
- KBBE.2013.1.4-02 Xestión Integrada de Pragas (MIP) ERA-NET
- KBBE.2013.1.4-03 Agricultura mediterránea ERA-NET
- KBBE.2013.1.4-04 Tecnoloxías da Información e a Comunicación e a robótica para a agricultura sostible ERA-NET
- KBBE.2013.1.4-05 Agricultura Climático-intelixente: a adaptación dos sistemas agrícolas en Europa ERA-NET Plus
- KBBE.2013.1.4-06 Solucións innovadoras na alimentación e a agricultura para a próxima xeración de sistemas de alimentación en busca de sinerxías entre o desenvolvemento rural, a xestión de recursos naturais e a seguridade e calidade alimentaria ERA-NET Plus

Biotecnoloxía Mariña e de auga fresca

- KBBE.2013.3.2-06 Biotecnoloxía Mariña ERA-NET

Liderado en tecnoloxías de ensamblaxe e industriais
Integración

- NMP.2013.4.0-7 ERA-NET para apoiar a innovación na área temática NMP

Enerxía segura, limpa e eficiente
Enerxía: Accións horizontais do Programa

- ENERGY.2013.10.1.1 ERA-NET Plus en Bioenergía II: Manifestacións da Iniciativa Industrial Europea de Bioenergía
- ENERGY.2013.10.1.2 ERA-NET Plus - Avaliación Europea dos recursos eólicos
- ENERGY.2013.10.1.3 Apoiando a coordinación das actividades de investigación nacionais dos Estados membros e Estados asociados no campo da enerxía do océano (ERA-NET)

Protección do Medio Ambiente
Mobilizar o coñecemento do medio ambiente para a política, a industria e a sociedade

- ENV.2013.6.5-6 ERA-NET Plus - Desenvolvo de novas metodoloxías, tecnoloxías e produtos para a avaliación, protección e xestión de sitios e edificios históricos e modernos

Transporte intelixente, sostible e integrado
Eco-innovación

- SST.2013.1-3 ERA-NET Plus - Sistemas, materiais e técnicas avanzados para a infraestrutura de próxima xeración

Sociedades inclusivas, innovadoras e seguras
Ciencias socioeconómicas e humanidades

- SSH.2013.2.1-4 ERA-NET Plus no futuro do estado do benestar

Xénero e Investigación

- SIS.2013.2.1.1-2 ERA-NET na promoción da igualdade de xénero nas institucións de investigación

Poden participar todo tipo de entidades públicas ou privadas.

Destinatarios

Poden participar todo tipo de entidades públicas ou privadas.

Socios

O número mínimo de participantes nunha acción ERA-NET é de 3 entidades legais independentes. Cada unha destas debe estar establecida nun Estado membro ou país asociado diferente.

O número mínimo de participantes nunha acción ERA-NET Plus é de 5 entidades legais independentes. Cada unha destas debe estar establecida nun Estado membro ou país asociado diferente.

Financiamento

O volume financeiro mínimo será de 5 millóns de euros.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria é de 61,1 millóns de euros.

Duración do proxecto

Para algunhas actividades a duración mínima é de 3 anos.

Data de publicación

10/07/2012

Data límite de solicitude

28/02/2013

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante