Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-SSH-2013-1 - SSH 2012 - Proxectos Colaborativos - Proxectos de investigación integrados a gran escala

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

A Comisión Europea anuncia a posta en marcha da presente convocatoria de propostas con arranxo ao programa de traballo de 2013 do Programas «Cooperación» do Sétimo Programa Marco da Comunidade Europea para accións de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e demostración (2007 a 2013), invitando aos interesados a presentar as súas propostas.

A presente convocatoria céntrase en temas sociais, talles como . as tendencias da sociedade, competitividade na sociedade do coñecemento, etc.

Eidos de actuación

As actividades da presente convocatoria céntranse nas seguintes temas:
Tema 8.1: Crecemento, emprego e competitividade na sociedade do coñecemento
Tema 8.2: Combinar obxectivos económicos, sociais e ambientais desde unha perspectiva europea
Tema 8.3: As principelas tendencias da sociedade e as súas implicacións
Tema 8.5: Os cidadáns e a Unión Europea

Destinatarios

Poden participar todo tipo de entidades públicas ou privadas.

Socios

É necesario a formación dun consorcio dun mínimo de 3 ou 4 socios, dependendo das actividades.

Financiamento

A cofinanciación na presente convocatoria pode alcanzar os 5 millóns de euros.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento dispoñible desta convocatoria é de 30 millóns de euros.

Duración do proxecto

Non hai establecido un mínimo ou un máximo, pero se suxire que as actividades duren entre 2 e 5 anos.

Data de publicación

10/07/2012

Data límite de solicitude

31/01/2013

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante