Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-2013-GC-Materials - Materiais para vehículos ecolóxicos 2013

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

O obxectivo do programa de traballo sobre Nanociencias, Nanotecnoloxías, Materiais e Novas Tecnoloxías de Produción (NMP) é mellorar a competitividade da industria europea e xerar coñecementos, co fin de pasar dunha industria cun uso intensivo de recursos a outra cun uso intensivo de coñecementos, así como introducir cambios decisivos mediante a investigación e apoiar o desenvolvemento de novas aplicacións resultantes da interacción de diferentes tecnoloxías e disciplinas. Isto beneficiará á vez ás novas industrias de máis alto valor engadido de alta tecnoloxía, como ás industrias tradicionais baseadas no coñecemento, con especial atención á difusión adecuada dos resultados IDT ás PEME.

Esta iniciativa supón unha investigación sobre unha ampla gama de tecnoloxías e infraestruturas enerxéticas intelixentes fundamentais para lograr un avance no uso de fontes de enerxía renovables e non contaminantes, a seguridade e a fluidez do tráfico.

Eidos de actuación

GC.NMP.2013-1 Materiais mellorados innovadores para baterías resistentes ao envellecemento

Destinatarios

Esta convocatoria está dedicada especialmente ás pemes, pero poden participar universidades, centros de investigación, etc...

Socios

É necesario a formación dun consorcio dun mínimo de 3 socios.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento dispoñible desta convocatoria é de 20 millóns de euros.

Duración do proxecto

Non hai establecido un mínimo ou un máximo, pero se suxire que as actividades duren entre 2 e 5 anos.

Data de publicación

10/07/2012

Data límite de solicitude

04/12/2012

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante