Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-NMP-2013-SME-7 - Tema 4 - Nanociencias, Nanotecnoloxías, Materiais e novas Tecnoloxías de Produción - Pemes 2013

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

O obxectivo do programa de traballo sobre Nanociencias, Nanotecnoloxías, Materiais e Novas Tecnoloxías de Produción (NMP) é mellorar a competitividade da industria europea e xerar coñecementos, co fin de pasar dunha industria cun uso intensivo de recursos a outra cun uso intensivo de coñecementos, así como introducir cambios decisivos mediante a investigación e apoiar o desenvolvemento de novas aplicacións resultantes da interacción de diferentes tecnoloxías e disciplinas.

Isto beneficiará á vez ás novas industrias de máis alto valor engadido de alta tecnoloxía, como ás industrias tradicionais baseadas no coñecemento, con especial atención á difusión adecuada dos resultados IDT ás PEMs.

Eidos de actuación

Materiais innovadores para aplicacións avanzadas
- NMP.2013.2.2-1 Biomateriales para terapias avanzadas e produtos sanitarios nos campos neurológicos/neuromusculares ou cardiovasculares

Nova Produción
- NMP.2013.3.0-2 Procesamiento integrado e Sistemas de control para a Produción Sostible de granxas e bosques

Integración
- NMP.2013.4.0-3 Da investigación á innovación: pasos importantes cara a adiante no uso industrial dos activos intelectuais de Europa, estimular o uso de novos materiais e tecnoloxías desenvolvidos pola industria de materiais.

Destinatarios

Esta convocatoria está dedicada especialmente ás pemes.

Socios

É necesario a formación dun consorcio dun mínimo de 3 socios.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento dispoñible desta convocatoria é de 39,3 millóns de euros.

Duración do proxecto

Non hai establecido un mínimo ou un máximo, pero se suxire que as actividades duren entre 2 e 5 anos.

Data de publicación

10/07/2012

Data límite de solicitude

23/10/2012

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante