Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

ERC-2013-ADG - Subvención a investigadores avanzados do CEI

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

As subvencións a investigadores avanzados teñen como obxectivo promover avances substanciais nas fronteiras do coñecemento, así como fomentar novas liñas de investigación produtivas e novos métodos e técnicas, incluíndo puntos de vista non convencionais e investigacións máis aló das disciplinas establecidas.
O CEI ten especial interese en promover propostas excelentes que comprendan o establecemento de novas actividades de investigación na Unión ou en países asociados mediante un Investigador Principal que se desprace desde un país terceiro a un país na UE ou dos países asociados.

Eidos de actuación

Área 1: Panel PE1 - PE10 (Ciencias Físicas e Enxeñería)
Área 2: Panel LS1 LS9 (Ciencias da Vida)
Área 3: Panel SH1 SH6 (Ciencias Sociais e Humanidades)

Destinatarios

A convocatoria esta aberta a todo tipo de entidades públicas e privadas, empresas, centros de investigación.

Socios

Non hai establecido un número mínimo de socios.

Financiamento

A cofinanciación será de entre 20 e 100% dos gastos elexibles.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria é de 662 millóns de euros.

Data de publicación

10/07/2012

Data límite de solicitude

22/11/2012

Documentación

Contacto

Para máis información relacionada coa convocatoria envien un correo ao:
ideas.7pm@micinn.es

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante