Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

7 - ENIAC-2012-2 - Convocatoria de propostas referente ao programa de traballo do ENIAC

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

A Empresa Común ENIAC deseñouse coa finalidade de apoiar a aplicación do Sétimo Programa Marco (7PM) e do tema Tecnoloxías da información e a comunicación?. Un dos obxectivos primordiais de ENIAC é o de desenvolver competencias fundamentais relacionadas coa nanoelectrónica en diversos campos de aplicación, co fin de reforzar a competitividade e sustentabilidade de Europa e propiciar a aparición de aplicacións sociais e mercados novos.
A convocatoria de 2012 prevé un procedemento de presentación de solicitudes dividido en dúas etapas: primeiro a remisión de resumos de proxectos e a continuación de propostas de proxectos detalladas.

Eidos de actuación

As actividades que levarán a cabo no contexto dos proxectos financiados incluirán.
- Actividades de investigación e desenvolvemento tecnolóxico, que reflictan as actividades centrais dun proxecto, encamiñadas a logar un avance significativo con respecto ao estado da arte.
- Actividades de demostración ou desenvolvemento experimental, deseñadas para probar a viabilidade de novas tecnoloxías que ofrezan un potencial económico, pero que non poden ser comercializados directamente (por exemplo, desenvolvemento de prototipos).
- Actividades de xestión, en conxunto coa xestión dos paquetes de traballo individuais, para conectar todos os compoñentes do proxecto e o mantemento da comunicación coa diseminación, explotación e vixilancia de mercado doutras actividades da Empresa Común ENIAC.

Destinatarios

Os destinatarios da presente convocatoria son: empresas, institutos de investigación sen animo de lucro, universidades e asociacións, etc.

Socios

A cofinanciación pode variar entre un 25 e 100% dos gastos elegibles en función da actividade e do tipo de socio.

Financiamento

A cofinanciación pode variar entre un 25 e 100% dos gastos elexibles en función da actividade e do tipo de socio.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria ascende a uns 228 millóns de euros.

Duración do proxecto

A duración das actividades pode variar moito en función das actividades desenvolvidas, desde uns meses ata dous anos.

Data de publicación

26/06/2012

Data límite de solicitude

13/09/2012

Documentación

Contacto

Para máis información relacionada coa convocatoria, envien un correo ao momento de Contacto Nacional -España:

Falcón Severino
eniac@mineco.es>eniac@mineco.es ou ao tel 34 91 6037959

Sanchez Marta
eniac@mineco.es>eniac@mineco.es ou ao tel. 34 916038399

Rebeca Frias
rebeca.frias@cdti.es ou ao tel. 34 915815500

Comentarios

Hai outra data límite a ter en conta: 14.07.2012. Lean atentamente a o texto da convocatoria.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante