Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

46/G/ENT/CIP/12/F/S01C24 - Impacto económico das empresas sociais

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

O obxectivo das actividades financiadas pola presente convocatoria de propostas é contribuír á dispoñibilidade de estatísticas fiables sobre as empresas sociais a nivel nacional e europeo, e identificar aos países interesados na recompilación desta información.

O obxectivo é proporcionar aos responsables políticos e partes interesadas información fiable, comparable e sistemática e indicadores sobre o papel das empresas sociais nas economías nacionais e para ofrecer información útil e práctica aos interesados na súa toma de decisións.

Eidos de actuación

A Comisión cofinanciará accións levadas a cabo polas oficinas de estatística (nacionais ou rexionais), ou por outras organizacións que se ocupan da promoción das empresas sociais, pero en colaboración cunha oficina de estatística, para a recollida de datos estatísticos, medición do desempeño de cada grupo de empresas sociais na economía, o valor dos bens e servizos producidos, o emprego xerado, a avaliación do sector en termos da súa contribución ao PIB, o emprego, o investimento de capital e os ingresos fiscais, o seu papel na balanza de pagos e outra información como a descrición das formas xurídicas utilizadas polas empresas sociais, etc.

As seguintes accións indicativas de apoio ou complementarias poden ser cubertas pola subvención: as enquisas estatísticas, desenvolvemento de instrumentos electrónicos para a recollida de datos, como un software especial, a capacitación para traballar con estas ferramentas específicas, a análise e a difusión de datos, talleres e conferencias, a creación de bases de datos, cartografía estatística das empresas sociais nas rexións, a creación de contas satélite a nivel nacional ou transfronteirizo, actualización, mellora e adaptación dos métodos xa existentes, etc

Destinatarios

Pequenas e medianas empresas da UE.

Socios

Non é necesario socio.

Financiamento

A cofinanciación é de 95% pero ningún proxecto poderá superar unha subvención máis de 60.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento dispoñible para a presente convocatoria é de 250.000 euros.

Duración do proxecto

A duración máxima das accións será de 14 meses.

Data de publicación

18/06/2012

Data límite de solicitude

07/09/2012

Documentación

Contacto

Para realizar preguntas relacionadas coa convocatoria envien un correo ao:

entr-cfp-1246-social-entr@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante