Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

ERA-NET SIINN - Aplicación segura de Nanociencia e Nanotecnoloxía Innovadoras

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

O obxectivo desta primeira convocatoria conxunta transnacional é pechar as brechas de coñecemento con respecto aos problemas de medio ambiente e seguridade humana, co fin de promover a transferencia rápida dos resultados na investigación da nanociencia e a nanotecnoloxía para aplicacións industriais, contribuíndo a crear condicións de confianza.

Eidos de actuación

A convocatoria está aberta a propostas innovadoras de investigación transnacionales centradas nos nanomateriales fabricados nos catro temas que se describen a continuación:

- Establecemento e desenvolvemento de modelos e métodos para ferramentas de análises, predición teórica e caracterización
- Avaliación da exposición
- Estudos sobre os impactos sobre o medio ambiente de nanomateriales fabricados
- Estudos sobre as propiedades e efectos dos nanomateriales fabricados na saúde humana.

Destinatarios

A convocatoria esta aberta a gran abanico de entidades públicas e privadas que actúan na área:
- universidades, centros de investigación, institutos de investigación, empresas privadas do sector da sanidade, etc...

Socios

Para poder presentarse a esta convocatoria é necesario un parteneriado dun mínimo de 3 socios de polo menos 2 países participantes.

Financiamento

O financiamento medio destes proxectos esta comprendida entre os 300.000 euros e 1 millón de euros.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria é de 8 millóns de euros.

Duración do proxecto

A duración das actividades está comprendida entre os 24 meses e 36 meses.

Data de publicación

20/03/2012

Data límite de solicitude

05/06/2012

Documentación

Contacto

Para máis información envíen un correo ao:

siinn2012@agencerecherche.fr

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante