Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-PEOPLE-2012-IIF - Bolsas Internacionais de Acollida Marie Curie (IIF)

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

Esta acción ten como obxectivo reforzar a excelencia na investigación nos Estados membros e no países asociados a través do intercambio de coñecemento, mediante a acollida de investigadores de primeira liña procedentes de países terceiros, que vingan a Europa para participar en proxectos de investigación europeos. O obxectivo último consiste en desenvolver unha cooperación de beneficio mutuo entre a Unión Europea e países terceiros.
Preténdese alentar a estes investigadores a que planifiquen o seu período de mobilidade internacional no marco dunha proxecto profesional coherente, de modo que se incremente a posibilidade de establecer futuras colaboracións con investigadores europeos e organizacións activas na investigación.

Eidos de actuación

As accións previstas na Convocatoria FP7-PEOPLE-2012-IFF inclúen:
Apoio á formación e desenvolvemento profesional dos investigadores: Bolsas Internacionais de Acollida Marie Curie

Destinatarios

Aberto para entidades legalmente constituídas nos estados membros ou nos países asociados e localizadas nalgunha das zonas de actuación de calquera dos seguintes tipos:
- Organizacións sen ánimo de lucro
- Organizacións non gobernamentais
- Universidades
- Calquera tipo de organización

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total desta convocatoria é de 40 de millóns de euros.

Duración do proxecto

A duración das actividades esta comprendida entre os 12 e 24 meses.

Data de publicación

13/03/2012

Data límite de solicitude

16/08/2012

Documentación

Contacto

CDTI - Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial
c/ Cid, 4 , 28001 Madrid
Tel: +34-90 2 347 434

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante