Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-PEOPLE-2012-IEF - Bolsas intraeuropeas Marie Curie para o Desenvolvemento Profesional (IEF)

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

Esta acción está encamiñada a apoiar o desenvolvemento dunha carreira profesional, ou a súa continuación, de investigadores con experiencia en diferentes estadios da súa carreira profesional. Está enfocada a reforzar a diversificación das súas competencias persoais en termos de adquisición de capacidades a nivel inter ou multidisciplinario e/ou a adquirir experiencia intersectorial.
O obxectivo é apoiar a investigadores na adquisición ou reforzo dunha posición punteira na investigación, adquirindo a condición de investigados principal, profesor ou calquera outra posición senior na educación ou a empresa.

Destinatarios

Aberto para entidades legalmente constituídas nos estados membros ou nos países asociados e localizadas nalgunha das zonas de actuación de calquera dos seguintes tipos:
- Organizacións sen ánimo de lucro
- Organizacións non gobernamentais
- Universidades
- Calquera tipo de organización

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria é de 120 millóns de euros.

Duración do proxecto

As actividades poden durar entre 12-24 meses.

Data de publicación

13/03/2012

Data límite de solicitude

16/08/2012

Documentación

Contacto

CDTI - Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial
c/ Cid, 4 , 28001 Madrid
Tel: +34-90 2 347 434

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante