Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

6 - ENIAC-2012-1 - Iniciativas tecnolóxicas conxuntas ao amparo da Empresa Común ENIAC

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

A Empresa Común ENIAC deseñouse coa finalidade de apoiar a aplicación do Sétimo Programa Marco (7PM) e do tema ”Tecnoloxías da información e a comunicación”. Un dos obxectivos primordiais de ENIAC é o de desenvolver competencias fundamentais relacionadas coa nanoelectrónica en diversos campos de aplicación, co fin de reforzar a competitividade e sustentabilidade de Europa e propiciar a aparición de aplicacións sociais e mercados novos.
A convocatoria de 2012 prevé un procedemento de presentación de solicitudes dividido en dúas etapas: primeiro a remisión de resumos de proxectos e a continuación de propostas de proxectos detalladas.

Eidos de actuación

As actividades que levarán a cabo no contexto dos proxectos financiados incluirán:

- Actividades de investigación e desenvolvemento tecnolóxico, que reflictan as actividades centrais dun proxecto, encamiñadas a logar un avance significativo con respecto ao estado da arte.

- Actividades de demostración ou desenvolvemento experimental, deseñadas para probar a viabilidade de novas tecnoloxías que ofrezan un potencial económico, pero que non poden ser comercializados directamente (por exemplo, desenvolvemento de prototipos).

- Actividades de xestión, en conxunto coa xestión dos paquetes de traballo individuais, para conectar todos os compoñentes do proxecto e o mantemento da comunicación coa diseminación, explotación e vixilancia de mercado doutras actividades da Empresa Común ENIAC.

Destinatarios

A convocatoria esta aberta a calquera entidade pública ou privada pero especialmente aos Centros de Investigación.
A sede dos participantes pode estar nun dos 27 estados membros máis os países asociados.

Socios

É necesario un mínimo de tres socios de tres países distintos.

Financiamento

O Programa ENIAC financia un 15% dos custos elexibles.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total desta convocatoria supera os 22 millóns de euros

Data de publicación

23/02/2012

Data límite de solicitude

12/04/2012

Documentación

Contacto

Para máis información acerca da convocatoria ou do proceso de solicitude envien un cooreo ao:

ENIAC JU Help desk
email: eniac@eniac.europa.eu
Tel: 32 2 221 81 02

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante