Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

ERC-2012-Po - Probas de Concepto

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

Estes fondos teñen por obxecto pechar a brecha entre a súa investigación e a etapa máis temperá dunha innovación comercial. Os titulares de subvencións do Consello Europeo de Investigación (CEI) terán xa que logo a oportunidade de solicitar fondos adicionais para establecer o potencial innovador das ideas derivadas dos seus proxectos de investigación nas fronteiras do coñecemento, financiados polo CEI. Esta nova iniciativa pretende extraer o máximo valor das investigación nas fronteiras do coñecemento, levando as boas ideas da investigación ao mercado.
O obxectivo das Probas de Concepto financiadas polo CEI consiste en apoiar aos titulares de subvencións do CEI para que prepararen o material a ser presentado a fondos de capital risco ou empresas que poidan investir nesta tecnoloxía e levala a unha fase de comercialización inicial.

Eidos de actuación

As actividades financiadas adoptarán a forma de Accións de Coordinación e Apoio do Consello Europeo de Investigación (CEI) baixo a modalidade de Proba de Concepto (PoC).
Os titulares de subvencións do CEI poderán utilizar os fondos para actividades talles como a validación técnica, estudos de mercado, clarificación dos dereitos de propiedade intelectual, ou a investigación das oportunidades comerciais e de negocio.

Destinatarios

Aberto para entidades legalmente constituídas talles como:
- Entidades públicas (todo tipo)
- Pemes
- Empresas
- ou calquera tipo de organización.

Socios

O número mínimo de socios é dun socio.

Financiamento

A Comisión financiará o 100% dos gastos elegibles.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria é duns 10 millóns de euros aproximadamente.

Data de publicación

02/02/2012

Data límite de solicitude

03/05/2012

Documentación

Contacto

Para máis información relacionada a este Programa ou á presente convocatoria envíen un correo a:
research@cencenelec.eu

Comentarios

O segundo prazo límite da presente convocatoria é o 3 de Outubro, segundo actividades.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante