Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

CIP-ICT PSP-2012-6. Convocatoria de propostas con arranxo ao Programa de Traballo para o 2012 do Programa de Apoio á Política en materia de Tecnoloxías da Información e a Comunicación, dentro do Programa Marco para a Innovación e a Competitividade (2007 a 2013)

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

Ten por obxectivo estimular un crecemento inclusivo, sostible e intelixente promovendo un amplo consumo e un mellor uso das tecnoloxías e contidos dixitais por parte dos cidadáns, gobernos e empresas.

Eidos de actuación

Esta convocatoria abrangue cinco áreas temáticas:
1) TICs para cidades intelixentes :
- Servizos dixitais urbanos intelixentes.
- Sistema de transportes cooperativo para a mobilidade intelixente.
- Innovación aberta a posibles servizos de Internet e de próxima xeración nas cidades.
2) Contido dixital, liberdade de acceso e creatividade:
- Europeana e creatividade.
- Acceso e datos abertos para a investigación científica.
- Aprendizaxe electrónica para matemáticas e ciencia.
3)TICs para a saúde, envellecemento activo e benestar:
- Desenvolvemento amplo dos servizos integrados de atención sanitaria.
- Cara solucións accesibles e personalizadas para a vida independente e activa.
- Capacidade dixital e habilidades.
- Prevención da caída da rede a persoas da terceira idade.
- Amplo despregamento dos servizos de Telesaúde para a xestión de condicións crónicas.
- Adopción e proba de estándares e especificidades para a interoperabilidade da saúde electrónica.
- Creación dun envellecemento activo e de benestar.
4)TICs para gobernos e servizos públicos innovadores:
- Servizos básicos intersectoriais.
- Extensión da codificación electrónica científica.
- Extensión da convocatoria HeERO.
5)Servizos electrónicos seguros:
- Ciberseguridade.
- Nube móbil para as aplicacións empresariais
- Contribución aos sistemas de satélite para cubrir o 100% da banda ancha da Unión Europea.

Destinatarios

Entidades público/privadas, Grupos Europeos de Interese Económico e Organizacións Internacionais.

Socios

En función do tipo de proxecto a desenvolver diferéncianse:
- Piloto Tipo A: onde cómpre como mínimo a participación de 6 Administracións nacionais relevantes de diferentes Estados membros ou países asociados.
- Piloto Tipo B: onde cómpre como mínimo a participación de 4 entidades legais de diferentes Estados membros ou países asociados.
- Redes Temáticas: onde cómpre como mínimo a participación de 7 entidades legais de diferentes Estados membros ou países asociados.
- Redes de Mellores Prácticas: onde cómpre como mínimo a participación de 7 entidades legais de diferentes Estados membros ou países asociados

Financiamento

Ata un máximo do 80% dos custos elixibles.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento previsto para esta convocatoria é de127 Millóns de euros.

Duración do proxecto

Ata un máximo de 36 meses.

Data de publicación

03/02/2012

Data límite de solicitude

15/05/2012

Documentación

Contacto

Julían SESEÑA NAVARRO
APROTECH/AETIC
C/Principe de Vergara 74-42 pta.
E-28006 MADRID
Tel: +34 913574440
Gsm: +34 630047191
E-mail: jsesena@aetic.es

Ignacio CAÑO LUNA
Instituto Nacional de Tecnologías de la Comunicación
Av. José Aguado 41
24006 LEÓN
Tel: +34 987987877
Gsm: +34 648042071
Fax: +34 987291016
E-mail: ignacio.luna@inteco.es

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante