Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

PEIM 2012 - Programa Europeo de Investigación en Metroloxía (PEIM) conxunto

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

Comunícase a posta en marcha dunha convocatoria de propostas de ámbitos temáticos e, a continuación, de proxectos relacionados e das bolsas para investigadores asociadas no marco do programa de traballo do Programa Europeo de Investigación en Metroloxía (PEIM).
Invítase a presentar propostas para a convocatoria do PEIM 2012 cos ámbitos temáticos seguintes:
Metrología para a industria
Desenvolvo do sistema internacional de unidades
Excelencia aberta
Esta convocatoria desenvólvese en dúas etapas para os proxectos de investigación conxuntos e inclúe posibilidades de bolsas para investigadores.

Eidos de actuación

1a etapa: Convocatoria de temas de investigación potenciais
2a etapa: Convocatoria de propostas de proxectos de investiga­ción conxuntos e solicitudes asociadas de bolsas de exce­lencia para investigadores. Data prevista de apertura: 18 de xuño de 2012

Destinatarios

Aberto para entidades legalmente constituídas, calquera tipo de organización e localizadas nos estados membros (menos: Irlanda, Grecia, Letonia, Lituania e Bulgaria) máis Turquía, Suíza e Noruega.

Financiamento

A cofinanciación por parte de EURAMET será de 45%.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da presente convocatoria é de:
9 millóns de euros para proxectos de investigación meteorolóxica e
77,4 millóns de euros para os proxectos de investiga­ción conxunta

Data de publicación

02/02/2012

Data límite de solicitude

18/03/2012

Documentación

Contacto

Para máis información envie un correo a:
emrpA169@npl.co.uk ,
ou chame ao:
Tel: 44 20 8943 6666

Comentarios

Para esta convocatoria tense que ter en conta as dúas datas límite para as dúas actividades:
18 de marzo de 2012 - para os proxectos de investigación meteorolóxica;
1 de Outubro 2012- para actividades de proxectos de investigación conxunto que comezarán en 18 de xuño 2012.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante