Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-JPROG-2012-RTD - Convocatoria de propostas relativa aos programas de traballo para 2012 do Sétimo Programa Marco para accións de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e demostración

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Eidos de actuación

As accións desta convocatoria estarán relacionadas cos temas aos que fai referencia:

Programa específico Cooperación.
Tema 1. Saúde:
* Investigación traslacional en importantes enfermidades infecciosas. Coordinación da acción en apoio á Iniciativa de Programación Conxunta sobre ”O desafío microbiano - Unha ameaza emerxente á saúde humana”
Tema 6. Medio ambiente (incluído o cambio climático):
* Facer fronte ao Cambio Climático. Coordinación da acción en apoio á Iniciativa de Programación Conxunta ”Conectando o Coñecemento Climático en Europa”.
* Mellora da eficiencia dos recursos. Coordinación da acción en apoio á Iniciativa de Programación Conxunta sobre ”Os desafíos da auga para un mundo en evolución”

Programa específico Capacidades.
* Parte 3: Apoio á Programación Conxunta. Coordinación da acción en apoio á Iniciativa de Programación Conxunta sobre ”A Europa das Cidades. Desafíos Globais Urbanos, Solucións Conxuntas Europeas”.

Destinatarios

Para as accións de coordinación (ou redes) cuxa finalidade é coordinar as actividades de investigación: debe haber polo menos tres persoas xurídicas establecidas en diferentes Estados membros da UE ou países asociados. As entidades deben ser independentes o un do outro.

Para outras accións de coordinación e de apoio, a condición mínima será a participación dunha entidade xurídica.

Socios

Debe haber polo menos tres persoas xurídicas establecidas en diferentes Estados membros da UE ou países asociados. As entidades deben ser independentes o un do outro.

Financiamento

Varia segundo acción.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento dispoñible ascende a 8 millóns de EUR.

Duración do proxecto

Varia según accións.

Data de publicación

12/01/2012

Data límite de solicitude

20/03/2012

Documentación

Contacto

Os solicitantes poderán enviar preguntas por correo electrónico ás seguintes persoas:
- Saúde: adrianus.van-hengel@ec.europa.eu
- Medio ambiente:
Conectando o Coñecemento Climático en Europa: jose.jimenez-mingo@ec.europa.eu
Os retos da auga nun mundo cambiante: michel.schouppe@ec.europa.eu
- Rexións do coñecemento:: pia.laurila@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante