Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-ICT-2011-9. Programa específico de cooperación: Tecnoloxías da Información e da Comunicación

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

Mellorar a competitividade da industria europea e permitir o domino e acceso de Europa a futuros desenvolvementos no eido das TICs, como eixo central da sociedade da información.

Obxectivo específico da convocatoria

Convocatoria de propostas de programas referentes aos Programas de Traballo do Sétimo Programa Marco da Comunidade Europea para accións de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e demostración

Eidos de actuación

A convocatoria está dirixida a reforzar a presenza en Europa das TICs básicas e infraestrutura a través da mellora dos sistemas cognitivos e robóticos e do desenvolvemento e o acceso a tecnoloxías de contido dixital e linguas; e a contribución das TICs aos maiores retos socio- económicos como as TICs para a saúde, o envellecemento activo e a gobernanza, e as TICs para a aprendizaxe efectiva e acceso as fontes culturais centrándose na preservación do contido dixital. Tamén apoia as tecnoloxías emerxentes e futuras (FET).

Destinatarios

Persoas xurídicas (especialmente destinado a pemes) situadas nun Estado membro ou ben nun Estado en trámites de accesión.

Socios

Cómpre, polo menos, tres entidades, das cales, dúas non poden pertencer ao mesmo Estado. Está especialmente destinado as pemes.

Financiamento

No tocante aos proxectos a gran escala (IP), o financiamento vai de 4 a 25 millóns de euros, mentres que para os proxectos a pequena escala (STREP) o financiamento varia de entre 1 a 4 millóns de euros.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento desta convocatoria será de 291 mil millóns de euros.

Duración do proxecto

Non hai unha duración máxima nin mínima. Porén, en función do tipo de proxectos a desenvolver prevese unha duración media de entre 3 a 5 anos para os proxectos a gran escala (IP), e de entre 18 meses a 3 anos para os proxectos a pequena escala.

Data de publicación

18/01/2012

Data límite de solicitude

17/04/2012

Documentación

Contacto

Juana Sánchez Pérez
Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial – CDTI
Dirección de Mercados Innovadores Globales- Departamento Teleco, electrónica e informática.
C/ Cid, 4
28001
Madrid
Tel: +34 915815607

Gregory Vázquez Grau
Campus NORD-edif. D5 c/ Jordi Girona, 13
E- 08034
Barcelona
Tel: +34 934016451

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante