Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

ERC-2012-AdG. Subvención a investigadores avanzados do CEI

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

Os obxectivos do programa específico «Ideas» son fortalecer a excelencia, o dinamismo e a creatividade da investigación europea e aumentar o atractivo de Europa para os mellores investigadores de Europa e de terceiros países e para a inversión da industria en investigación proporcionando unha estructura de financiamento competitiva a escala europea (que complemente e que non reemprace o financiamento nacional) para a «investigación nas fronteiras do coñecemento» realizada por equipos independientes.

Obxectivo específico da convocatoria

As subvencións a investigadores avanzados do CEI promoven avances sustanciais na fronteira do coñecemento, apoiando aos investigadores excelentes que lideren proxectos innovadores, en especial os de alto risco.

Eidos de actuación

Desenvolvemento de proxectos de investigación no eido das Ciencias Físicas e Enxeñerías, as Ciencias da Saúde e as Ciencias Sociais e Humanidades.

Destinatarios

Será suficiente coa participación dunha entidade legal de polo menos un Estado membro/país asociado.

Socios

Será suficiente coa participación dunha entidade legal de polo menos un Estado membro/país asociado.

Financiamento

Poderá subvencionarse ata o 100% dos custos directos aprobados.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento desta convocatoria será de 680 millóns de euros, dos cais un 44% irá destinado a accións no ámbito das Enxeñerías, un 39% ao eido da Saúde e un 17% para as acciós orientadas cara as Ciencias Sociais.

Data de publicación

16/11/2011

Data límite de solicitude

11/04/2012

Documentación

Contacto

Lucía del Río
Instituto de Salud Carlos III (ISCIII)
C/ Sinesio Delgado nº6, Pabellón 6
28029
Madrid
Spain
Tel: +34-918222381

Esther Rodríguez
Ministerio de Ciencia e Innovación
c/Albacete 5 - 5ª sur
28027
Madrid
Spain

Comentarios

A data límite de solicitude varía en función da acción a desenvolver. Para os proxectos de Ciencias Físicas e Enxeñerías rematará o 16 de febreiro, para os proxectos en Ciencias da Saúde poderán presentarse proxectos ata o 14 de marzo e, finalmente no caso dos proxectos en Ciencias Sociais e Humanidades o límite extenderase ata o 11 de abril.

Espérase que os proxectos comecen a executarse 6 meses despois de seren outorgada a subvención.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante