Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-PEOPLE-2012-CIG. Subvencións para a integración profe­sional

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo desta convocatoria é o reforzamento da Área Europea de Investigación (ERA), apoiando aos investigadores a que se establezan nun Estado membro ou país asociado, garantindo a súa permanencia en Europa.

Eidos de actuación

Esta subvención apoiará os proxectos de desenvolvemento profesional de longa duración en organizacións de acollida dun Estado membro ou dun país asociado.

Destinatarios

Investigadores de calquer nacionalidade que gocen da condición de ”investigadores expertos” e cumpran os requisitos de mobilidade.

Serán inelexibles os investigadores que foran beneficiarios dunha subvención similar baixo o 6PM ou o 7PM.

Ademais, tanto os investigadores como as organizacións de acollida deben traballar nalgún dos Estados membros ou países participantes.

Socios

As solicitudes deben ser presentadas conxuntamente polos investigadores e as súas organizacións de acollida.

Financiamento

A cantidade anual a subvencionar acadará os 25.000 euros por investigador, o que contribuirá aos seus custos de investigación na organización de acollida.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento desta convocatoria será de 40 millóns de euros.

Duración do proxecto

A duración máxima dos proxectos será de 48 meses.

Data de publicación

20/10/2011

Data límite de solicitude

18/09/2012

Documentación

Contacto

Nicolás Ojeda
Ministerio de Ciencia e Innovación
Oficina Europea
C/ Albacete, 5 - 2a planta Este
28027
Madrid
Tel: +34-91-6037956

Marta Sánchez
Ministerio de Ciencia e Innovación
Subdirección General de Programas Europeos
c/Albacete 5 - 5ª sur
28027
Madrid
Tel: +34-91-6038399

Comentarios

Os resultados da avaliación está previsto que se publiquen nos 4 meses seguintes á finalización do prazo de solicitude. Os acordos firmaranse dentro dos 6 meses seguintes á mesma data.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante