Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-PEOPLE-2012-IAPP. Vías e asociacións do sector empresarial e/ou académico

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo específico da convocatoria

Esta acción ten por obxecto mellorar a cooperación entre o mundo académico e o mundo empresarial en materia de formación en investigación, de desenvolvemento profesional e intercambio de coñecementos, en particular nas pemes, e incluindo as prácticas tradicionais e as industrias manufactureiras.

Eidos de actuación

Esta acción diríxese cara os programas de cooperación entre unha ou máis organizacións de investigación e unha ou máis empresas comerciais.

Destinatarios

As subvencións poderán outorgarse tanto a investigadores noveles como a expertos que, para ser elexibles, deben ter traballado como mínimo un ano.

Socios

Debe haber polo menos un participante de cada un dos dous sectores (institutos de investigación e empresas) e de como mínimo dous Estados membros ou países asociados distintos.

Financiamento

A subvención outorgarase por períodos de entre 2 e 24 meses.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento desta convocatoria será de 80 millóns de euros.

Data de publicación

19/10/2011

Data límite de solicitude

19/04/2012

Documentación

Contacto

Nicolás Ojeda
Ministerio de Ciencia e Innovación
Oficina Europea
C/ Albacete, 5 - 2a planta Este
28027
Madrid
Tel: +34-91-6037956

Marta Sánchez
Ministerio de Ciencia e Innovación
Subdirección General de Programas Europeos
c/Albacete 5 - 5ª sur
28027
Madrid
Tel: +34-91-6038399

Comentarios

Os resultados da avaliación está previsto que se publiquen nos 4 meses seguintes á finalización do prazo de solicitude. Os acordos firmaranse dentro dos 9 meses seguintes á mesma data.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante