Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

ERC-2012-Support- Convocatoria de propostas para apoiar a estratexia de seguimento e avaliación (aspectos de xénero)

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

O obxectivo do Consello Europeo de Investigación (CEI) será reforzar a excelencia, o dinamismo e a creatividade na investigación europea e mellorar o atractivo do Europa para os mellores investigadores de países europeos e terceiros países, así como o investimento en investigación industrial.

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo desta convocatoria será apoiar a estratexia de monitorización e avaliación do CEI. As solicitudes deben abordar aspectos de xénero nas estruturas de carreira e traxectoria profesional como se especifica no punto 8.1 do Programa de Traballo.

Eidos de actuación

A través desta convocatoria de propostas levaranse a cabo estudos nos seguintes ámbitos:

  • Diferencias en termos de publicacións, invitacións a conferencias, ensinanza, etc.
  • Diferencias en canto á mobilidade e o trabajo en rede internacional.
  • A relación entre a carreira profesional e a vida familiar.
  • Perspectivas de carreira profesional tendo en conta os sistemas nacionais de investigación.

Destinatarios

A solicitude debe ser presentada por como mínimo unha entidade legal dun Estado membro ou país asociado.

Financiamento

As subvencións poderán acadar o 100% dos custos directos elexibles.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento desta convocatoria será de 150.000 euros.

Duración do proxecto

Os estudos terán unha duración aproximada de un ano.

Data de publicación

12/10/2011

Data límite de solicitude

12/01/2012

Documentación

Contacto

Lucía del Rio
Instituto de Salud Carlos III (ISCIII)
C/ Sinesio Delgado nº6, Pabellón 6
28029
Madrid
Tel: +34-91-8222381

María Vallejo
Ministerio de Ciencia e Innovación
Subdirección General de Programas Europeos
c/Albacete 5 - 5ª sur
28027
Madrid
Tel: +34-91-6037114

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante