Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Noite dos Investigadores: FP7-PEOPLE-2012-NIGHT

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

Levar a cabo accións de coordinación destinadas a coordinar as actividades e políticas en materia de investigación, e accións de apoio destinadas a contribuír á implementación dos Programas Marco e á preparación do futuro da investigación na UE, así como ao desenvolvemento de políticas ou de sinerxias con outras políticas. Estimular e facilitar a participación das pemes, organizacións da sociedade civil e as súas redes, equipos pequenos de investigadores e centros de investigación nas áreas temáticas do programa de Cooperación. As accións de apoio céntranse normalmente nunha actividade específica e frecuentemente nun evento específico.

Obxectivo específico da convocatoria

As ”Noites dos investigadores” consistirán en eventos dirixidos ao público en xeral, independentemente da idade, co obxectivo de:

  • Achegar ao público en xeral e aos investigadores entre si;

  • destacar o impacto positivo do traballo dos investigadores na vida cotiá dos cidadáns;

  • promover as carreiras de investigación, en particular cara aos mozos e os seus pais.

Eidos de actuación

A principal mensaxe destas Noites dos Investigadores é os investigadores están entre nós, no sentido de que son xente corrente e que comparten problemas, desexos, preocupacións ou pasións cos demais cidadáns, incrementando deste xeito o sentimento de entendemento mutuo entre investigadores e demais persoas, e facendo fincapé en que os investigadores tamén teñen unha vida privada a pesar de ter un traballo ”extraordinario”, aspecto que as Noites dos Investigadores pretenden ilustrar, mostrando aos cidadáns o fascinante e divertido desta profesión co fin de animar aos mozos a emprender carreiras neste eido.

Intentarase mostrar, así mesmo, o seu impacto na economía e na sociedade, sinalando o impacto que ten na competitividade, no crecemento económico, no emprego e na vida diaria dos cidadáns.

Para todo isto realízanse diversas actividades, tales como experimentos, demostracións científicas, simulacións, debates, xogos, competicións, concursos, entre outras.

Destinatarios

Persoas físicas e xurídicas emprazadas nos Estados membros da UE ou nos países asociados.

Orzamento total da convocatoria

4.000.000 EUR

Duración do proxecto

As ”Noites dos investigadores” véñense organizando desde o ano 2005, o cuarto venres de setembro, é dicir, en 2012, o día 28 de setembro.

Data de publicación

27/09/2011

Data límite de solicitude

10/01/2012

Documentación

Contacto

Email: Colette.renier@ec.europa.Eu
Tel: + 32 2 295 17 69

Comentarios

Estímase contar cos resultados da avaliación das propostas no prazo dun mes desde a data de peche do prazo de presentación de propostas e que se poida realizar a sinatura dos acordos nos 4 meses seguintes a dita data de peche do prazo de presentación de candidaturas.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante