Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-REGIONS-2012-2013-1: Rexións do coñecemento

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

O Sétimo Programa Marco prestará apoio a un amplo abano de actividades relacionadas coa investigación e o desenvolvemento tecnolóxico.
O Programa ”Capacidades”, no que se inscribe a presente convocatoria de propostas ten como obxectivo o apoio a aspectos clave da capacidade de investigación e innovación europea, tales como:
◦Infraestruturas de investigación
◦As agrupacións rexionais impulsadas pola investigación
◦O desenvolvemento de todo o potencial investigador das rexións comunitarias de converxencia e ultraperiféricas
◦Investigación destinada as pequenas e medianas empresas (pemes)
◦As cuestións de ”Ciencia e sociedade”
◦Apoio ao desenvolvemento coherente das políticas
◦Actividades ”horizontais” de cooperación internacional

Obxectivo específico da convocatoria

Cooperación trasnacional entre agrupacións de investigación rexionais.

Eidos de actuación

a) Aspectos de I + D da Axenda Dixital da UE
b) Desenvolvemento de tecnoloxías e servizos relevantes para a implantación dunha Europa eficiente.

Socios

O consorcio deberá estar formado como mínimo por tres agrupacións rexionais de investigación de alomenos tres Estados membros da UE e/ou países asociados.
Os grupos investigadores deben estar compostos alomenos de 3 tipos de persoas xurídicas (denominado ´triple helix´), a saber:
• persoas xurídicas que realicen investigacións (universidades, organizacións investigadoras e centros de investigación con fins de lucro); entidades nacionais que leven a cabo investigacións poderán participar se a súa estrutura orgánica se descompón a nivel rexional e se a estrutura rexional implicada está emprazada na mesma rexión que os demáis compoñentes do grupo investigador.
• entidades empresariais (grandes empresas e PEMES) ou as suas agrupacións locais;
• adminsitracións rexionais e locais (gobernos rexionais e locais, axencias de desenvolvemento rexional); as entidades nacionais poderán participar representando ás administracións rexionais como no caso de pequenos Estados membros integrados nunha Región NUTS II(ademáis de Eslovenia que ten dúas rexións NUTS II), ou se a súa estrutura orgánica se descompón a nivel rexional e a súa representación rexional está na mesma rexión que os outros compoñentes do grupo investigador; entidades rexionais especializadas poden aceptarse se están encargadas do deseño e/ou implementación dunha parte importante da política rexional.
En todo caso, cada membro do grupo de investigación directamente vinculado ás actividades do proxecto deberá estar claramente identificado no proxecto.

Financiamento

As formas de concesión e as tarifas máximas de reembolso que se ofertarán especifícanse no anexo 3 do programa de traballo de ”Capacidades”.
A contribución financeira da UE podería alcadar un máximo do 100% dos custes subvencionables totais.

Orzamento total da convocatoria

17.990.000 EUR

Data de publicación

20/07/2011

Data límite de solicitude

31/01/2012

Documentación

Contacto

Dirección general de Investigación
Comisión Europea
SDME 2/2
B-1049 Bruselas.- Bélxica

Comentarios

Non haberá máis convocatorias en 2012 e 2013.
Estímase que os resultados da avaliación estarán dispoñibles nos 4 meses seguintes á data límite de presentación.
En canto á sinatura dos acordos estímase que os primeiros acordos en relación con esta convocatoria entren en vigor 9 meses despois da data de peche.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante