Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-SSH-2012-1. Proxectos de colaboración en ciencias socioeconómicas e humanidades

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

O programa específico sobre Cooperación apoia tódolos tipos de actividades de investigación realizadas por diversas entidades científicas en cooperación transnacional e pretende acadar ou consolidar o liderado en eidos clave da ciencia e a tecnoloxía.

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo é xerar unha análise en profundidade, compartir os coñecementos sobre os complexos e interrelacionados desafíos socio-económicos aos que se enfronta Europa. Estes inclúen a necesidade de fomentar o crecemento, o emprego e a competitividade, así como a cohesión social. Os retos sociais, culturais e educativos dunha UE ampliada son importantes, como son a sustentabilidade, protección do medio ambiente,o cambio demográfico, a migración e a integración, a calidade de vida, eliminando as barreiras ao exercicio da cidadanía e a interdependencia mundial. O obxectivo é mellorar a base de coñecementos para a elaboración das políticas que teñen unha clara importancia nestes campos a nivel europeo.

Eidos de actuación

Baixo esta Convocatoria levaranse a cabo proxectos de colaboración e desenvolveranse actividades tales como:

  • Estudo do caso da UE sobre crecemento, emprego e competitividade na sociedade do coñecemento.
  • Combinación de obxectivos económicos, sociais e medio ambientais nunha perspectiva europea: camiños cara o desenvolvemento sustentable.
  • Observación das tendencias dominantes na sociedade e as súas implicacións.
  • Europa no mundo (conflitos, paz e dereitos humanos).
  • A cidadanía na UE.

Destinatarios

Institutos de investigación, universidades, industria (incluidas as pemes) e usuarios finais potenciais.

Socios

Requírense 7 socios de como mínimo 7 países diferentes. Alomenos 7 entidades legais independentes, cada unha establecida nun Estado membro ou país asociado distinto.

Financiamento

A porcentaxe de financiamento establecerase segundo o disposto no Programa de Traballo de Cooperación, tendo en conta que a aportación neste tipo de proxectos non poderá ser inferior aos 5.5 millóns de euros.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento desta convocatoria será de 39 millóns de euros.

Data de publicación

20/07/2011

Data límite de solicitude

02/02/2012

Documentación

Contacto

Elisa Álvarez-Bolado Cornejo
CDTI
Cid, 4
28001
Madrid
Tel: +34-902-347434

Comentarios

A avaliación das solicitudes levarase a cabo en maio de 2012 e está previsto que se asinen as primeiras axudas no mes de novembro.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante