Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-NMP-2012-SME-6.-Nanociencias, nanotecnoloxías, materiais e novas tecnoloxías de producción.-Ferramentas baseadas no coñecemento e enfoques para a planificación e integración de procesos de simulación a nivel de fábrica.

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

1) Desenvolvemento de plataformas e ferramentas integradas na información e execución do sistema de fábricas para a planificación do proceso non liñal.
2) Novas ferramentas e metodoloxías que permitan a optimización dos procesos en cadeas na fase de deseño, a fin de acadar procesos correctos.
3) Novas ferramentas que permitan, tendo en conta a produción local, a optimización e seguemento dos procesos de fabricación desde unha perspectiva industrial.
4) Deseño de estruturas de apoio aos procesos de interación home-sistema, o sistema de interacción humán-humán, humán e consideracións psicosociais, desenvolvendo unha alta fiabilidade e sistemas de resposta/adaptables, con resultados de alto rendemento.

Eidos de actuación

1.- I+D transversais: NMP.2012.1.4-3 Metroloxía mecánica a nanoescala para procesos e productos industriais.
2.- Materiais innovadores para aplicacións avanzadas: NMP.2012.2.2-5 materiais libres de halóxenos retardantes de chamas.
3.- Integración: NMP.2012.4.0-1 Novos materiais e solucións baseadas no deseño para a industria creativa.
4.- Materias primas: NMP.2012.4.1-2 Tecnoloxías innovadoras de reciclaxe de metais clave en aplicacións de alta tecnoloxía.

Socios

Os proxectos de colaboración poderán ser de tamaño pequeno ou mediano. A fin de garantir a relevancia industrial e o impacto das actividades de investigación, a participación activa de socios industriais, incluidas as PYME, representa un valor engadido ás actividades.
Como mínimo deberán asociarse tres entidades xurídicas independentes, cada unha delas emprazada nun Estado membro ou país asociado, e sen que dous delas poidan estar emprazadas nun mesmo Estado membro ou país asociado.

Orzamento total da convocatoria

48 millóns EUR

Data de publicación

20/07/2011

Data límite de solicitude

03/05/2012

Documentación

Contacto

Sra. María del Pilar de Miguel Ortega
Ministerio de Ciencia e Innovación (CDTI)
C/ Cid, 4
28001 Madrid (España)
Tel: +34-90-2347434

Sr. Guillermo Álvarez Jiménez
CDTI-Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial
Enerxía, Quimica, Medio Ambiente, Producción e Servizos
c/ Cid 4
28001 Madrid (España)
Tel: +34 902 347 434
Fax: +34 91 581 5584

Procuras de Socios

Convocatoria FP7-NMP.2013.1.2‐1 Sensores nanotecnolóxicos para o control do medio ambiente. 2° fase

Comentarios

A primeira fase de selección das propostas terá lugar en novembro ou decembro de 2011. A segunda fase de avaliación realizarase en xullo de 2012. Os resultados finais da avaliación estarán dispoñibles aproximadamente nos dous meses seguintes á data de peche de presentación de candidaturas.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante