Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-2012-ICT-GC. As TIC nos vehículos ecolóxicos

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

A Convocatoria de Propostas Tecnoloxías da Información e Comunicación en Vehículos Ecolóxicos enmárcase dentro do Desafío 6 dedicado as ”TIC para unha Economía con baixas emisións de carbono”, cuxo obxectivo é analizar o modo en que as TIC poden contribuír a crear unha sociedade sustentable e cun reducido nivel de emisións así como axudar a lograr os obxectivos Europa 2020 sobre clima e enerxía. As TIC poden axudar a adecuar a demanda nunha sociedade fortemente dependente da enerxía, mediante a redución do consumo enerxético e, consecuentemente mediante a redución das emisións de CO2, especialmente no que se refire á distribución de electricidade, a edificación e construción, o transporte e a loxística, a actividade do sector público e a vida nas áreas rurais e urbanas.

Obxectivo específico da convocatoria

As accións desenvolvidas no ámbito desta convocatoria céntranse no desenvolvemento de vehículos completamente eléctricos (FEV), e pretenden lograr o seguinte impacto:

  • Mellorar a eficiencia enerxética e ampliar o ámbito de condución dos vehículos completamente eléctricos.
  • Reducir o custo dos compoñentes electrónicos e do conxunto dos vehículos completamente eléctricos cun mellor rendemento.
  • Mitigar as limitacións para os usuarios de vehículos completamente eléctricos fronte aos vehículos con motores de combustión interna.
  • Integración do vehículo completamente eléctrico nas redes intelixentes e nas infraestruturas existentes.
  • Mellora significativa da seguridade, o confort e os servizos de información e confort para os usuarios do vehículo completamente eléctrico.
  • Reforzar a competitividade global dos sectores europeos do automóbil, as TIC e as baterías. Penetración de mercado dos compoñentes fundamentais do vehículo completamente eléctrico.

Eidos de actuación

Baixo esta convocatoria de propostas levarán a cabo proxectos de colaboración (a pequena e mediana escala centrados en investigación) e accións de coordinación co obxectivo de desenvolver tecnoloxías da información e as comunicacións para os vehículos completamente ecolóxicos.

Destinatarios

Institutos de investigación, universidades, industria (incluidas as pemes) e propietarios e xestores de programas.

Socios

Para a maioría de accións requírense tres entidades legais independentes establecidas en tres Estados membros ou países participantes diferentes. Sen embargo, para levar a cabo as accións de apoio será suficiente unha única entidade legal independente.

Financiamento

O financiamento aterase ao disposto no Programa de Traballo de Cooperación, tendo en conta que a porcentaxe máxima de financiamento oscilará entre un 50% e o 100% dos custos subvencionables.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento desta Convocatoria de propostas será de 30 millóns de euros.

Data de publicación

20/07/2011

Data límite de solicitude

01/12/2011

Documentación

Contacto

Juana Sánchez Pérez
Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial- CDTI
Dirección de Mercados Innovadores Globales
Dpto. Telecomunicaciones, Electrónica e Informática
c/ Cid, 4
28001
Madrid
Tel: +34-91-5815607

Gregory Vázquez Grau
Universidad Politécnica de Cataluña
Campus NORD-Edif. D5 c/ Jordi Girona, 13
E-08034
Barcelona
Tel: +34-93-4016451

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante