Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-2012-NMP-ICT-FoF. Factorías do futuro

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

A iniciativa público-privada ”factorías do futuro” ten como obxectivo axudar ás empresas manufactureiras da Unión Europea, en particular pemes, a adaptarse ás presións competitivas mundiais mediante o desenvolvemento das tecnoloxías necesarias para apoiar a estas industrias en varios sectores. Iso axudará á industria europea a satisfacer a crecente demanda mundial de produtos máis ecolóxicos, personalizados e de maior calidade e todo iso a través da súa transformación cara a unha industria adaptada á demanda que xere menos residuos e diminúa o consumo de enerxía.

Obxectivo específico da convocatoria

En particular os desafíos expostos dentro desta iniciativa son:

  • Fomentar un novo modelo de produción europeo para as industrias do futuro.
  • Crear sistemas de produción baseados nas tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC), así como tecnoloxías manufactureiras de alta calidade.
  • Ferramentas para unha construción sustentable, metodoloxías e procesos que permitan aforrar en custos, incluso introducindo novos materiais.

Eidos de actuación

As accións previstas levaranse a cabo a través de proxectos de colaboración, tanto no tema das Nanotecnoloxías como das TIC:

  • No tema das nanotecnoloxías prevense accións tales como investigación sobre sistemas de produción que permitan optimizar enerxía (cara á emisión cero), metodoloxías e ferramentas para o mantemento do equipo de produción, maquinaria intelixente (robots, sensores intelixentes...) ou desenvolvemento de tecnoloxías de produción de alta precisión para micro-partículas 3D de alta calidade.

  • No tema das TIC sentarán as bases dunhas factorías intelixentes que axilicen a produción e personalicen produtos. Ademais centraranse en buscar solucións adaptadas ás manufacturas para os novos produtos TIC.

Destinatarios

Institutos de investigación, Universidades, industria (incluídas as pemes) e usuarios finais potenciais. Sen embargo, algunhas das accións irán destinadas unicamente ás pemes.

Socios

Requírense tres entidades legais independentes de tres Estados membros ou países participantes diferentes para os proxectos de colaboración.

Financiamento

As porcentaxes de financiamento ateranse ao disposto no Anexo 3 do Programa de Cooperación, estando comprendidos entre o 50% e o 100% dos custos subvencionables.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento desta Convocatoria será de 160 millóns de euros, que se repartirán do seguinte modo:

  • 100 millóns para o tema Nanociencias, nanotecnoloxías, materiais e novas tecnoloxías de produción.
  • 60 millóns para o tema Tecnoloxías da Información e as Comunicacións.

Duración do proxecto

Os proxectos de colaboración adoitan durar entre 2 e 5 anos, non obstante a convocatoria non especifica un límite mínimo nen máximo.

Data de publicación

20/07/2011

Data límite de solicitude

01/12/2011

Documentación

Contacto

María del Pilar de Miguel Ortega
Ministerio de Ciencia e Innovación (CDTI)
C/ Cid, 4
28001
Madrid
Tel: +34-90-2347434

Guillermo Álvarez Jiménez
CDTI-Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial
Energía, Quimica, Medio Ambiente, Producción y Servicios
c/ Cid 4
28001
Madrid
Tel: +34 902 347 434

Comentarios

Os participantes deben constituír un consorcio para poder participar conxuntamente.

A avaliación das propostas levarase a cabo en xaneiro de 2012 e as subvencións comezarán a negociarse en marzo.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante