Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-2012-NMP-ENV-ENERGY-ICT-EeB. Edificios enerxéticamente eficientes

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

O obxectivo da iniciativa público-privada ”Edificios Enerxéticamente eficientes” é ofrecer, implementar e optimizar a construción e o concepto de distrito que presenta os recursos técnicos, económicos e sociais para reducir drasticamente o consumo de enerxía e reducir as emisións de CO2, tanto en relación cos edificios novos como na renovación de edificios existentes.

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo do acordo coa industria é identificar as necesidades de investigación, e dirixirse a un número de áreas de interese industrial tales como as ferramentas, os recubrimentos de edificios, sistemas e equipamentos, tecnoloxías de comunicación e información para a eficiencia enerxética, tecnoloxías medioambientais, aspectos sociais e de comportamento, estandarización e modelos de negocio.

Eidos de actuación

Entre outras a Convocatoria de propostas de 2012 centrarase nas seguintes áreas: interacción e integración dos edificios coas súas redes de calor/frío e os seus sistemas de almacenamento de enerxía, desenvolvemento e validación de novos modelos de negocio, metodoloxías para a transferencia de coñecemento (en particular coas pemes), creación de novos materiais para ”xanelas intelixentes” que axuden ao control da enerxía.
Ademais destas actividades de investigación tamén levarán a cabo accións en materia de Medio Ambiente (mellora da eficiencia enerxética de edificios históricos), Enerxía (demostración das construcións ”cero enerxía”) e Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC para uns barrios con enerxía positiva).

Os obxectivos previstos levaranse a cabo a través de proxectos de colaboración (tanto a gran como a pequena escala) e accións de coordinación e apoio.

Destinatarios

Institutos de investigación, universidades, industria (incluindo pemes) e usuarios finais potenciais.

Socios

Requírense tres entidades legais independentes de tres Estados membros ou países participantes diferentes para os proxectos de colaboración e as accións de coordinación. Para levar a cabo as accións de apoio bastará cunha única entidade legal.

Financiamento

As porcentaxes de financiamento ateranse ao disposto no Anexo 3 do Programa de Cooperación, estando comprendidos entre o 50% e o 100% dos custos subvencionables.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento desta Convocatoria será de 140 millóns de euros, dos cales:

  • 70 millóns para Nanociencias, nanotecnoloxías, materiais e novas tecnoloxías de produción.
  • 30 millóns para tecnoloxías da información e a comunicación.
  • 35 millóns para Enerxía.
  • 5 millóns para Medio Ambiente (incluíndo cambio climático).

Duración do proxecto

Os proxectos de colaboración soen durar entre 2 e 5 anos. Pola súa parte, as accións de coordinación habitualmente duran entre 2 e 4 anos y as de apoio terán unha duración inferior.

Data de publicación

20/07/2011

Data límite de solicitude

01/12/2011

Documentación

Contacto

María del Pilar de Miguel Ortega
Ministerio de Ciencia e Innovación (CDTI)
C/ Cid, 4
28001
Madrid
Tel: +34-90-2347434

Guillermo Álvarez Jiménez
CDTI-Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial
Energía, Quimica, Medio Ambiente, Producción y Servicios
c/ Cid 4
28001
Madrid
Tel: +34 902 347 434

Comentarios

Os solicitantes estarán obrigados a constituír un consorcio cos seus socios.

A avaliación das propostas levarase a cabo en xaneiro e está previsto que en marzo comecen a negociarse as axudas.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante