Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-2012-GC-MATERIALS. Materiais para coches verdes

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

A iniciativa público-privada ”coches verdes europeos” consiste nunha serie de medidas de fomento da investigación e a innovación co obxectivo de facilitar o desenvolvemento dunha nova xeración de coches de pasaxeiros, camións e autobuses que melloren o medio ambiente, o nivel de vida e aseguren os traballos, a actividade económica e a vantaxe competitiva con respecto ás industrias automobilísticas no resto do mundo.

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo da Convocatoria de propostas para o 2012 céntrase na investigación sobre vehículos eléctricos e híbridos e as súas infraestruturas. En particular as actividades de investigación serán:

  • Aplicacións innovadoras para o almacenamento electroquímico nos automóbiles, baseados en nanotecnoloxía.
  • Materiais lixeiros innovadores para a próxima xeración de vehículos eléctricos respectuosos co medio ambiente.

Eidos de actuación

Os obxectivos específicos sinalados levarán a cabo a través de proxectos de colaboración. As aplicacións para o almacenamento electroquímico investigaranse a través de proxectos de colaboración a pequena e mediana escala, pola contra, a investigación de materiais precisará de proxectos a grande escala.

Destinatarios

Organizacións públicas, entidades sen ánimo de lucro, institutos de investigación, industria (incluídas as pemes) e usuarios finais potenciais.

Socios

Requírense tres entidades legais independentes de tres Estados membros ou países participantes diferentes.

Financiamento

As porcentaxes de financiamento ateranse ao disposto no Anexo 3 do Programa de Cooperación, estando comprendidos entre un mínimo dun 50% dos custos subvencionables e un máximo do 100%.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento desta Convocatoria ascende a 35 millóns de euros. Esta cantidade repartirase do seguinte xeito:

  • 20 millóns para Nanociencias, Nanotecnoloxías, materiais e novas tecnoloxías de produción.
  • 5 millóns para Medio Ambiente (incluido o cambio climático).
  • 10 millóns para Transporte (incluida Aeronáutica).

Duración do proxecto

Os proxectos de colaboración soen durar entre 2 e 5 anos, non obstante non se prevé un límite mínimo nen máximo.

Data de publicación

20/07/2011

Data límite de solicitude

01/12/2011

Documentación

Contacto

María del Pilar de Miguel Ortega
Ministerio de Ciencia e Innovación (CDTI)
C/ Cid, 4
28001
Madrid
Tel: +34-90-2347434

Guillermo Álvarez Jiménez
CDTI-Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial
Energía, Quimica, Medio Ambiente, Producción y Servicios
c/ Cid 4
28001
Madrid
Tel: +34 902 347 434

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante