Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-NMP-2012-SMALL-6. Proxectos de investigación a pequena escala

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

O obxectivo da área Nanociencias, nanotecnoloxías, materiais e novas tecnoloxías de produción do Programa Específico Cooperación será mellorar a competitividade da industria europea e xerar coñecementos para garantir que pase dun uso intensivo de recursos a unha industria intensiva en coñecemento. Isto beneficiará tanto a novas industrias de alta tecnoloxía e alto valor baseadas no coñecemento como a industrias tradicionais, con especial atención á difusión adecuada dos resultados da investigación nas pemes.

Obxectivo específico da convocatoria

A presente convocatoria de propostas plantexouse os seguintes obxectivos específicos:

  • Maximizar a contribución da nanotecnoloxía ao desenvolvemento sustentable.
  • Asegurar la seguridade da nanotecnoloxía.
  • Facilitar a investigación e o desenvolvemento.
  • Fomento dunha I+D máis transversal.
  • Crear materiais innovadores para aplicacións avanzadas.
  • Nova produción.
  • Materias primas máis verdes.

Eidos de actuación

Baixo esta Convocatoria de propostas desenvolveranse proxectos de colaboración a pequena escala, en particular proxectos de investigación nos seguintes ámbitos:

  • Deseño racional de nano-catalizadores para produción sustentable de enerxía.
  • Modelado da conduta de toxicidade de nanopartículas.
  • Montaxe de bloques de construcción a nano escala.
  • Unión de materiais diferentes (exclusión de aplicacións para a saúde).
  • Química de CO2.
  • Materiais para unha vida prolongada.
  • Materiais para a almacenaxe de datos.
  • Materiais avanzados para a xeración de enerxía a alta temperatura.
  • Materiais rendibles para aplicacións de enerxía eólica mariña.
  • Materiais fotocatalíticos para descontaminación.
  • Sínteses químicas altamente eficientes usando formas alternativas de enerxía.
  • Xestión da seguridade total para as organizacións industriais.
  • Desenvolvemento de avanzados materiais magnéticos sen, ou coa redución de, materias primas críticas.

Destinatarios

Institutos de investigación, universidades, industria (incluidas as pemes) e usuarios finais potenciais.

Socios

Como mínimo tres entidades legais independentes de tres Estados membros ou países participantes diferentes.

Financiamento

As porcentaxes de financiamento ateranse ao disposto no Anexo 3 do Programa de Cooperación, estando comprendidos entre un mínimo dun 50% dos custos subvencionables e un máximo do 100%.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento desta Convocatoria será de 124 millóns de euros.

Duración do proxecto

Os proxectos de colaboración soen durar entre 2 e 5 anos, non obstante non se prevé un límite mínimo nen máximo.

Data de publicación

20/07/2011

Data límite de solicitude

08/11/2011

Documentación

Contacto

María del Pilar de Miguel Ortega
Ministerio de Ciencia e Innovación (CDTI)
C/ Cid, 4
28001
Madrid
Tel: +34-90-2347434

Guillermo Álvarez Jiménez
CDTI-Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial
Energía, Quimica, Medio Ambiente, Producción y Servicios
c/ Cid 4
28001
Madrid
Tel: +34 902 347 434

Comentarios

É obrigatoria a sinatura dun convenio entre os socios participantes.

Trátase dunha Convocatoria de propostas que levará a cabo en dúas fases.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante