Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-NMP-2012-LARGE-6. Proxectos de integración a grande escala

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

O obxectivo da área Nanociencias, nanotecnoloxías, materiais e novas tecnoloxías de produción do Programa Específico Cooperación será mellorar a competitividade da industria europea e xerar coñecementos para garantir que pase dun uso intensivo de recursos a unha industria intensiva en coñecemento. Isto beneficiará tanto a novas industrias de alta tecnoloxía e alto valor baseadas no coñecemento como a industrias tradicionais, con especial atención á difusión adecuada dos resultados da investigación nas pemes.

Obxectivo específico da convocatoria

A presente convocatoria de propostas plantexouse os seguintes obxectivos específicos:

  • Maximizar a contribución da nanotecnoloxía ao desenvolvemento sustentable.

  • Asegurar a seguridade da nanotecnoloxía.

  • Fomento dunha I+D máis transversal.

  • Crear materiales innovadores para aplicacións avanzadas.

  • Materias primas máis verdes.

Eidos de actuación

Baixo esta Convocatoria levaranse a cabo proxectos de colaboración a grande escala en torno ás seguintes actividades:

  • Solucións nanotecnolóxicas para o chan e as augas subterráneas in-situ.

  • Desenvolvemento e fase de ensaios clínicos de nanotecnoloxía novedosa para o tratamiento da aterosclerose.

  • Investigacións sistemáticas do mecanismo e efectos das interaccións do nanomaterial cos sistemas de vida e o medio ambiente.

  • Testado de nanomateriais.

  • Liñas de proba para a síntese da precisión de nanomateriais.

  • Biomateriais para a mellor eficacia dos implantes médicos.

  • Novos enfoques medioambientais no procesamento de minerais.

Destinatarios

Institutos de investigación, universidades, industria (incluidas as pemes) e usuarios finais potenciais.

Socios

Requírense tres entidades legais independentes de tres Estados membros ou países participantes diferentes.

Financiamento

As porcentaxes de financiamento ateranse ao disposto no Anexo 3 do Programa de Cooperación, estando comprendidos entre un mínimo dun 50% dos custos subvencionables e un máximo do 100%.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento desta Convocatoria será de 110 millóns de euros.

Duración do proxecto

Os proxectos de colaboración soen durar entre 2 e 5 anos, non obstante non se prevé un límite mínimo nen máximo.

Data de publicación

20/07/2011

Data límite de solicitude

08/11/2011

Documentación

Contacto

María del Pilar de Miguel Ortega
Ministerio de Ciencia e Innovación (CDTI)
C/ Cid, 4
28001
Madrid
Tel: +34-90-2347434

Guillermo Álvarez Jiménez
CDTI-Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial
Energía, Quimica, Medio Ambiente, Producción y Servicios
c/ Cid 4
28001
Madrid
Tel: +34 902 347 434

Comentarios

Trátase dunha Convocatoria de propostas que levará a cabo en dúas fases. A avaliación da primeira fase está previsto que remate en decembro de 2011 e a segunda fase estenderase ata xuño de 2012. Posteriormente publicaranse os resultados, establecéndose tamén unha lista de reserva.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante