Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-SCIENCE-IN-SOCIETY-2012-1. Ciencia e sociedade

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

O programa Capacidades do 7PM ten como obxectivo aumentar as capacidades de investigación e innovación en toda Europa e asegurar o seu aproveitamento óptimo. En particular este programa proponse:


apoiar o desenvolvemento coherente de políticas;
complementar o Programa de Cooperación;
contribuír ás políticas e iniciativas comunitarias para mellorar a coherencia e o impacto das políticas dos Estados membros;
atopar sinerxias coas políticas rexionais e de cohesión, os Fondos Estruturais, os programas de educación e formación e o Programa Marco para a Competitividade e a Innovación (CIP).

Obxectivo específico da convocatoria

As actividades no campo da Ciencia na Sociedade teñen como obxectivo estimular, con miras á construción dunha aberta, eficaz e democrática sociedade europea do coñecemento, a integración harmoniosa do esforzo científico e tecnolóxico, e as políticas de investigación asociadas no tecido social europeo, mediante o fomento da reflexión e debate paneuropeo sobre a ciencia e a tecnoloxía e a súa relación cos sectores da sociedade e a cultura.

Eidos de actuación

Para a consecución dos seus obxectivos desenvolveranse dúas liñas de actuación:

  • Gobernanza máis dinámica das relacións entre ciencia e sociedade. As actuacións desta liña irán destinadas a un mellor entendemento do lugar desempeñado pola ciencia e a tecnoloxía, a unha maior implicación para prever e clarificar problemas políticos, sociais e cuestións éticas e, finalmente, ao fortalecemento e mellora do Sistema Científico Europeo.

  • Reforzar o potencial, ampliar os horizontes. Baixo este título enmarcaranse as accións cuxo obxectivo é fortalecer o papel das mulleres na investigación científica, apoiar a aprendizaxe científica formal/informal nas escolas e desenvolver novos métodos na educación científica.

Destinatarios

Institutos de investigación, universidades, industria (incluidas pemes) e usuarios finais potenciais. As accións de coordinación e apoio irán destinadas ademais a propietarios e xestores de programas.

Socios

Os proxectos de colaboración así como as accións de coordinación deberán ser levadas a cabo por alomenos tres entidades legais independentes establecidas en tres Estados membros ou países asociados.

As accións de apoio poderán ser levadas a cabo por unha única entidade legal independente.

Financiamento

O financiamento acharase conforme ao disposto no Anexo III do Programa de Traballo de Capacidades. A porcentaxe de financiamento estará entre o 50% e o 100% dos custos elexibles.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento desta convocatoria é de 37.4 millóns de euros.

Duración do proxecto

Os proxectos de colaboración soen durar entre 2 e 5 anos. Pola súa parte, as accións de coordinación habitualmente duran entre 2 e 4 anos y as de apoio terán unha duración inferior.

Data de publicación

20/07/2011

Data límite de solicitude

22/02/2012

Documentación

Contacto

Rocío Castrillo Cancela
Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT)
c/ Pedro Teixeira, 8
28020
Madrid
Tel: +34-91-4250909

Gonzalo Remiros Rodenas
Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT)
c/ Pedro Teixeira, 8
28020
Madrid
Tel: +34-91-4250909

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante