Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-COH-2012-Procurers. Desenvolvemento coherente das políticas de investigación

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

O programa Capacidades do 7PM ten como obxectivo aumentar as capacidades de investigación e innovación en toda Europa e asegurar o seu aproveitamento óptimo. En particular este programa proponse:

  • apoiar o desenvolvemento coherente de políticas;
  • complementar o Programa de Cooperación;
  • contribuír ás políticas e iniciativas comunitarias para mellorar a coherencia e o impacto das políticas dos Estados membros;
  • atopar sinerxias coas políticas rexionais e de cohesión, os Fondos Estruturais, os programas de educación e formación e o Programa Marco para a Competitividade e a Innovación (CIP).

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo da convocatoria é promover e desenvolver contratacións públicas orientadas á innovación, sobre todo nos ámbitos cubertos polas Asociacións para a Innovación Europea (en complemento ás actividades do CIP). A acción apunta a mellorar o uso estratéxico da contratación pública a nivel rexional e / ou local co fin de estimular as respostas creativas dos mercados, absorver os resultados da I+D e desenvolver servizos públicos innovadores.

Eidos de actuación

As acción que se desenvolvan baixo esta Convocatoria serán accións de coordinación orientadas cara a mellora do ambiente de negocio (apoiando a creación de redes transnacionais de procuradores).

Destinatarios

Institutos de investigación, universidades, industria (incluidas pemes), usuarios finais potenciais e propietarios/xestores de programas.

Socios

As accións de coordinación deberán ser levadas a cabo por alomenos tres entidades legais independentes establecidas en tres Estados membros ou países asociados.

Financiamento

As subvencións outorgaranse segundo o disposto no Anexo 3 do Programa de Traballo de Capacidades. As porcentaxes de subvención estarán entre o 50% e o 100% dos custos elexibles.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento desta convocatoria será de 1.1 millóns de euros.

Duración do proxecto

As accións de coordinación habitualmente teñen unha duración entre 2 e 4 anos.

Data de publicación

20/07/2011

Data límite de solicitude

05/01/2012

Documentación

Contacto

Almudena Carrero
Ministerio de Ciencia e Innovación
C/ Albacete, 5 - 2ª planta Este
28027
Madrid
Tel: +34-91-6037984

Cecilia Hernández
CDTI
Dpto. Biotecnología, Salud y Agroalimentación
c/ Cid, 4
28001
Madrid
Tel: +34-91-5815500

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante