Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-TRANSPORT-2012-MOVE-1. Cooperación en transporte

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

O obxectivo global será, baseándose nos avances tecnolóxicos e operativos e na política europea de transportes, potenciar un desenvolvemento integrado e uns sistemas de transporte pan-europeos máis ecolóxicos e intelixentes que beneficien a tódolos cidadáns e á política ambiental, respectando o medio ambiente e os recursos naturais, así como manter e avanzar na competitividade alcanzada polas industrias europeas no mercado global.

Obxectivo específico da convocatoria

Os obxectivos específicos desta convocatoria consistirán en acadar:

  • Unha mobilidade segura e sen problemas a través do fomento do transporte intermoda, a desconxestión dos corredores e a mellora dos sistemas de seguridade.

  • Máis competitividade a través da innovación, xerando produtos e servizos máis competitivos.

  • Iniciativa europea ”Green Cars”, que fomenta o desenvolvemento de vehículos eléctricos.

Eidos de actuación

Os obxectivos desenvolveranse a través de proxectos de colaboracion e accións de coordinación e apoio que irán orientadas a:

  • Implementación das Áreas de Acción NAIADES (transporte marítimo).

  • Avaliar o impacto dos Sistemas Intelixentes de Transporte nos
    condutores vulnerables.

  • E-Maritime en apoio do cumprimento administrativo.

  • Demostración de vehículos eléctricos urbanos para o transporte de mercadorías co obxectivo dunha cidade máis limpa.

  • Demostración de vehículos pesados que funcionan con metano licuado.

Destinatarios

Institutos de investigación, universidades, industria (incluidas pemes) e usuarios finais potenciais. As accións de coordinación e apoio irán destinadas ademais a propietarios e xestores de programas.

Socios

Os proxectos de colaboración así como as accións de coordinación deberán ser levadas a cabo por alomenos tres entidades legais independentes establecidas en tres Estados membros ou países asociados.

As accións de apoio poderán ser levadas a cabo por unha única entidade legal independente.

Financiamento

A porcentaxe de financiamento establecerase segundo o disposto no Programa de Traballo, estando comprendida entre o mínimo do 50% e o máximo do 100%.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento desta convocatoria acadará os 26 millóns de euros.

Duración do proxecto

Os proxectos de colaboración soen durar entre 2 e 5 anos. Pola súa parte, as accións de coordinación habitualmente duran entre 2 e 4 anos y as de apoio terán unha duración inferior.

Data de publicación

20/07/2011

Data límite de solicitude

01/03/2012

Documentación

Contacto

Juan Francisco Reyes Sánchez
Ministerio de Ciencia e Innovación - Centro para el Desarrorro Tecnológico Industrial (CDTI)
Departamento de Aeronáutica, Trasporte y Seguridad
c/ Cid, 4
28001
Madrid
Tel: +34-91-5810707

Alejandro Ruiz Merino
Ministerio de Ciencia e Innovación - Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI)
Departamento de Aeronáutica, Transporte y Seguridad
c/ Cid, 4
28001
Madrid
Tel: +34-91-5810707

Comentarios

Os participantes nos proxectos de colaboración deberán firmar un acordo de consorcio.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante