Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-TPT-2012-RTD-1. Accións transversais no ámbito do transporte

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

O obxectivo global será, baseándose nos avances tecnolóxicos e operativos e na política europea de transportes, potenciar un desenvolvemento integrado e uns sistemas de transporte pan-europeos máis ecolóxicos e intelixentes que beneficien a tódolos cidadáns e á política ambiental, respectando o medio ambiente e os recursos naturais, así como manter e avanzar na competitividade alcanzada polas industrias europeas no mercado global.

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo específico desta convocatoria será poñer en marcha as accións de coordinación e apoio (accións transversais) en materia de transporte. En particular encargarase de:

  • Desenvolver a investigación socio-económica e a prospectiva tecnolóxica.

  • Integración dos modos de transporte e de investigación transversal.

  • Fortalecemento do Espazo Europeo de Investigación, fomento da participación e a innovación.

Eidos de actuación

Para cumprir os obxectivos previstos desenvolveranse as seguintes accións:

  • Investigación sobre o impacto da infraestrutura de transporte na competitividade europea.

  • Investigación sobre as perspectivas de evolución do transporte: desafíos para a competitividade do sector europeo de transporte a longo prazo.

  • Redución da vulnerabilidade do Sistema Europeo de Transportes ante os fenómenos meteorolóxicos extremos e as catástrofes naturais.

  • Fomentar a innovación para a cooperación transnacional na investigación europea de transportes e promover a participación activa dos interesados ​​nas convocatorias europeas de investigación e proxectos.

  • Oferta de produtos e servizos innovadores para o mercado: análise dos camiños e as mellores condicións para a innovación.

Destinatarios

Institutos de investigación, universidades, industria (incluidas pemes), usuarios finais potenciais e propietarios e xestores de programas.

Socios

As accións de coordinación deberán ser levadas a cabo por alomenos tres entidades legais independentes establecidas en tres Estados membros ou países asociados.

As accións de apoio poderán ser levadas a cabo por unha única entidade legal independente.

Financiamento

A porcentaxe de financiamento establecerase segundo o disposto no Anexo III do Programa de Traballo de Cooperación, estando comprendida entre o mínimo do 50% e o máximo do 100%.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento desta convocatoria será de 10 millóns de euros.

Duración do proxecto

As accións de coordinación habitualmente duran entre 2 e 4 anos y as de apoio terán unha duración inferior.

Data de publicación

20/07/2011

Data límite de solicitude

01/12/2011

Documentación

Contacto

Juan Francisco Reyes Sánchez
Ministerio de Ciencia e Innovación - Centro para el Desarrorro Tecnológico Industrial (CDTI)
Departamento de Aeronáutica, Trasporte y Seguridad
c/ Cid, 4
28001
Madrid
Tel: +34-91-5810707

Alejandro Ruiz Merino
Ministerio de Ciencia e Innovación - Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI)
Departamento de Aeronáutica, Transporte y Seguridad
c/ Cid, 4
28001
Madrid
Tel: +34-91-5810707

Comentarios

Non é preciso a conclusión dun acordo de consorcio.

O período de avaliación levarase a cabo entre xaneiro e marzo de 2012. As subvencións comezarán a negociarse no mes de abril.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante