Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-SST-2012-RTD-1. Transportes terrestres sustentables

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

O obxectivo global será, baseándose nos avances tecnolóxicos e operativos e na política europea de transportes, potenciar un desenvolvemento integrado e uns sistemas de transporte pan-europeos máis ecolóxicos e intelixentes que beneficien a tódolos cidadáns e á política ambiental, respectando o medio ambiente e os recursos naturais, así como manter e avanzar na competitividade alcanzada polas industrias europeas no mercado global.

Obxectivo específico da convocatoria

Os obxectivos específicos que se plantexan nesta Convocatoria serán:

  • Eco-innovación, é dicir, acadar uns transportes terrestres máis ecolóxicos.

  • Mobilidade máis segura e sen problemas.

  • Competitividade a través da innovación.

  • Iniciativa ”coches verdes”.

Eidos de actuación

Para conseguir os obxectivos previstos levarán a cabo proxectos de colaboración e accións de coordinación e apoio. En particular as actuacións desenvolvidas serán:

  • Con respecto ao obxectivo de Eco-innovación levarán a cabo actividades para lograr uns transportes terrestres máis ecolóxicos, en particular a través de produtos e operacións ecolóxicos.

  • Para acadar unha mobilidade máis segura e sen problemas levarán a cabo actuacións tales como o fomento dos transportes intermodais facilitando o desconxestionamento de corredores, o fomento da mobilidade urbana sustentable e a integración da seguridade nos sistemas de transporte terrestre.

  • A competitividade a través da innovación esixe desenvolver produtos e servizos máis competitivos en relación co transporte terrestre.

  • A iniciativa ”coches verdes” favorecerá medidas tales como o desenvolvemento de coches eléctricos para o transporte por estrada e, ademais, promoverá a investigación neste sentido para vehículos pesados que realizantransportes de media e longa distancia.

Destinatarios

Institutos de investigación, universidades, industria (incluidas pemes) e usuarios finais potenciais. As accións de coordinación e apoio irán destinadas ademais a propietarios e xestores de programas.

Socios

Os proxectos de colaboración así como as accións de coordinación deberán ser levadas a cabo por alomenos tres entidades legais independentes establecidas en tres Estados membros ou países asociados.

As accións de apoio poderán ser levadas a cabo por unha única entidade legal independente.

Financiamento

A porcentaxe de financiamento establecerase segundo o disposto no Programa de Traballo. Na maioría dos casos a cantidade por subvención non será superior aos 3 millóns de euros.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento desta Convocatoria será de 114 millóns de euros.

Duración do proxecto

Os proxectos de colaboración soen durar entre 2 e 5 anos. Pola súa parte, as accións de coordinación habitualmente duran entre 2 e 4 anos y as de apoio tenrán unha duración inferior.

Data de publicación

20/07/2011

Data límite de solicitude

01/12/2011

Documentación

Contacto

Juan Francisco Reyes Sánchez
Ministerio de Ciencia e Innovación - Centro para el Desarrorro Tecnológico Industrial (CDTI)
Departamento de Aeronáutica, Trasporte y Seguridad
c/ Cid, 4
28001
Madrid
Tel: +34-91-5810707

Alejandro Ruiz Merino
Ministerio de Ciencia e Innovación - Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI)
Departamento de Aeronáutica, Transporte y Seguridad
c/ Cid, 4
28001
Madrid
Tel: +34-91-5810707

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante