Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-AAT-2012-RTD-JAPAN. Proxectos de colaboración con Xapón

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

O obxectivo global será, baseándose nos avances tecnolóxicos e operativos e na política europea de transportes, potenciar un desenvolvemento integrado e uns sistemas de transporte pan-europeos máis ecolóxicos e intelixentes que beneficien a tódolos cidadáns e á política ambiental, respectando o medio ambiente e os recursos naturais, así como manter e avanzar na competitividade alcanzada polas industrias europeas no mercado global.

Obxectivo específico da convocatoria

Os obxectivos específicos que se perseguen con esta convocatoria serán:

  • Camiñar cara unha mobilidade máis segura e sen problemas.

  • Mellorar a competitividade a través da innovación.

  • Ser pioneiros no transporte aéreo do futuro.

Eidos de actuación

No marco dos obxectivos previstos esta convocatoria orientarase cara a posta en marcha dos seguintes proxectos de colaboración (un proxecto por cada actividade):

  • Fortalecer a cooperación con Xapón no ámbito das comunicacións aeronáuticas.

  • Mellorar a cooperación con Xapón no campo do sistema anti-xeo.

  • Mellorar a cooperación con Xapón para xerar un intercambiador de calor de superficie para motores dos avións, así como para os rodamentos cerámicos.

  • Fortalecer a cooperación con Xapón con respeto a aeronaves de alta velocidade.

Destinatarios

Institutos de investigación, Universidades, Industria (incluídas as pemes) e usuarios finais potenciais.

Socios

A solicitude será presentada por alomenos tres entidades legalmente constituídas que pertenzan a tres Estados membros ou países asociados.
Ademais, requerirase para a presentación da solicitude alomenos 2 entidades legales independentes de Xapón.

Financiamento

A porcentaxe de financiaciamento aparecerá definida no Programa de Traballo. Non obstante hai que ter en conta que ningunha contribución excederá de 1.400.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento desta Convocatoria será de 4 millóns de euros.

Duración do proxecto

Os proxectos de colaboración teñen habitualmente unha duración entre 2 e 5 anos, non obstante a convocatoria non establece un límite mínimo nen máximo.

Data de publicación

20/07/2011

Data límite de solicitude

01/12/2011

Documentación

Contacto

Juan Francisco Reyes Sánchez
Ministerio de Ciencia e Innovación - Centro para el Desarrorro Tecnológico Industrial (CDTI)
Departamento de Aeronáutica, Trasporte y Seguridad
c/ Cid, 4
28001
Madrid
Tel: +34-91-5810707

Alejandro Ruiz Merino
Ministerio de Ciencia e Innovación - Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI)
Departamento de Aeronáutica, Transporte y Seguridad
c/ Cid, 4
28001
Madrid
Tel: +34-91-5810707

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante