Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-AAT-2012-RTD-L0. Innovación aeronáutica a longo prazo

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

O obxectivo global será, baseándose nos avances tecnolóxicos e operativos e na política europea de transportes, potenciar un desenvolvemento integrado e uns sistemas de transporte pan-europeos máis ecolóxicos e intelixentes que beneficien a tódolos cidadáns e á política ambiental, respectando o medio ambiente e os recursos naturais, así como manter e avanzar na competitividade alcanzada polas industrias europeas no mercado global.

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo específico desta convocatoria é a mellora da competitividade a través da innovación, é dicir, fortalecer a competitividade da industria europea do transporte a través da innovación.

Eidos de actuación

Desenvolveranse proxectos de colaboración a pequena ou mediana escala que terán como desafío ser pioneiros no transporte aéreo do futuro. En particular levaranse a cabo dous tipos de actividades:

  • Avance e novas tecnoloxías.

  • Cambio radical de conceptos do transporte aéreo.

Destinatarios

Institutos de investigación, Universidades, Industria (incluídas as pemes) e usuarios finais potenciais.

Socios

A solicitude será presentada por alomenos tres entidades legalmente constituídas que pertenzan a tres Estados membros ou países asociados.

Financiamento

A porcentaxe de financiaciamento aparecerá definida no Programa de Traballo. Non obstante hai que ter en conta que ningunha contribución excederá de 600.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento desta convocatoria será de 5 millóns de euros.

Duración do proxecto

Os proxectos de colaboración teñen habitualmente unha duración entre 2 e 5 anos.

Data de publicación

20/07/2011

Data límite de solicitude

25/10/2011

Documentación

Contacto

Juan Francisco Reyes Sánchez
Ministerio de Ciencia e Innovación - Centro para el Desarrorro Tecnológico Industrial (CDTI)
Departamento de Aeronáutica, Trasporte y Seguridad
c/ Cid, 4
28001
Madrid
Tel: +34-91-5810707

Alejandro Ruiz Merino
Ministerio de Ciencia e Innovación - Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI)
Departamento de Aeronáutica, Transporte y Seguridad
c/ Cid, 4
28001
Madrid
Tel: +34-91-5810707

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante