Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-AAT-2012-RTD-1. Aeronáutica e transporte aéreo

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

O obxectivo global será, baseándose nos avances tecnolóxicos e operativos e na política europea de transportes, potenciar un desenvolvemento integrado e uns sistemas de transporte pan-europeos máis ecolóxicos e intelixentes que beneficien a tódolos cidadáns e á política ambiental, respectando o medio ambiente e os recursos naturais, así como manter e avanzar na competitividade alcanzada polas industrias europeas no mercado global.

Obxectivo específico da convocatoria

Para o ano 2012 fixáronse tres obxectivos específicos:

  • Eco-innovación: preténdese ”descarbonizar” o sistema de transporte e favorecer o uso eficiente dos recursos naturais, é dicir, fomentar o uso de vehículos e buques máis limpos.

  • Mobilidade segura e sen problemas: pretende optimizar a eficiencia e seguridade do sistema de transporte. Co obxectivo de ofrecer un transporte seguro e sen fisuras e favorecer a mobilidade para tódolos cidadáns europeos.

  • Competitividade mediante a innovación: o fortalecemento da competitividade da industria europea do transporte a través da innovación.

Eidos de actuación

Os obxectivos específicos sinalados levaranse a cabo fundamentalmente a través de seis actividades:

  • Transformación ecolóxica do transporte aéreo.

  • Aumentar a eficiencia do tempo.

  • Garantir a satisfacción do cliente e a seguridade.

  • Mellora da rentabilidade.

  • Protección dos avións e os pasaxeiros.

  • Camiños para o transporte aéreo do futuro.

Destinatarios

Institutos de investigación, universidades, industria (incluidas pemes) e usuarios finais potenciais. As accións de coordinación e apoio irán destinadas ademais a propietarios e xestores de programas.

Socios

Os proxectos de colaboración así como as accións de coordinación deberán ser levadas a cabo por alomenos tres entidades legais independentes establecidas en tres Estados membros ou países asociados.

As accións de apoio poderán ser levadas a cabo por unha única entidade legal independente.

Financiamento

A porcentaxe de financiamento establecerase segundo o disposto no Anexo II do Programa de Traballo, estando comprendida entre o mínimo do 50% e o máximo do 100%.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento desta convocatoria será de 136.04 millóns de euros.

Duración do proxecto

Os proxectos de colaboración soen durar entre 2 e 5 anos. Pola súa parte, as accións de coordinación habitualmente duran entre 2 e 4 anos y as de apoio tenrán unha duración inferior.

Data de publicación

20/07/2011

Data límite de solicitude

01/12/2011

Documentación

Contacto

Juan Francisco Reyes Sánchez
Ministerio de Ciencia e Innovación - Centro para el Desarrorro Tecnológico Industrial (CDTI)
Departamento de Aeronáutica, Trasporte y Seguridad
c/ Cid, 4
28001
Madrid
Tel: +34-91-5810707

Alejandro Ruiz Merino
Ministerio de Ciencia e Innovación - Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI)
Departamento de Aeronáutica, Transporte y Seguridad
c/ Cid, 4
28001
Madrid
Tel: +34-91-5810707

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante