Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-SME-2012. Investigación en beneficio das pemes

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral será fortalecer a capacidade de innovación das peme europeas e a súa contribución ao desenvolvemento de produtos baseados ​​en novas tecnoloxías e mercados, axudándoas a externalizar investigación, redobrar o seu esforzo investigador, ampliar as súas redes, explotar mellor os resultados da investigación e adquirir novos coñecementos tecnolóxicos, reducindo a brecha na cadea da innovación no mercado a través da colaboración a nivel europeo.

Eidos de actuación

No marco da presente convocatoria de propostas levaranse a cabo actividades de investigación en beneficio das pemes, actividades de investigación en beneficio das asociacións de pemes e, por último, actividades de demostración, que se levarán a cabo a través de proxectos de colaboración.

Destinatarios

Pemes, asociacións de pemes e usuarios finais potenciais.

Socios

Para a presentación da solicitude serán necesarios alomenos tres entidades legais independentes de tres Estados membro ou países asociados.
Ademais haberá que ter en conta as especificidades de cada tipo de actividade que en ocasións solicita que parte destes socios sexan pemes.

Financiamento

O financiamento dependerá de cada tipo de acción e acharase conforme ao establecido no Programa de Traballo.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento desta convocatoria de propostas será de 219.7 millóns de euros.

Data de publicación

20/07/2011

Data límite de solicitude

06/12/2011

Documentación

Contacto

Esther Casado Moya
CDTI-Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial, Ministerio de Ciencia e Innovación
Energía, Quimica, Medio, Ambiente, Producción y Servicios
c/ Cid 4
28001
Madrid
Tel: +34 902 347 434

Javier Méndez
MICINN
Cámara de Madrid
c/ Ribera del Loira 56-58
28042
Madrid
Tel: +34-91-5383794

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante