Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-INFRASTRUCTURES-2012-1. Infraestruturas de investigación

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral da parte Infraestruturas de investigación do programa específico ”Capacidades” é optimizar o uso e desenvolvemento das mellores infraestruturas de investigación existentes en Europa, e para axudar a crear en tódolos campos da ciencia e as novas tecnoloxías infraestruturas de investigación de interese paneuropeo que precisa a comunidade científica europea para manterse á vangarda da promoción da investigación e poder axudar á industria a reforzar a súa base de coñecementos e os seus coñecementos tecnolóxicos.

Obxectivo específico da convocatoria

As accións levadas a cabo baixo esta Convocatoria terán tres obxectivos fundamentais:

  • Apoiar as infraestruturas de investigación existentes.

  • Apoiar novas infraestruturas de investigación.

  • Apoiar a política de desenvolvemento e a implementación de programas.

Eidos de actuación

No marco dos obxectivos específicos definidos anteriormente procederase a levar a cabo:

  • Co obxectivo de apoiar infraestruturas existentes levarán a cabo accións integradas baixo a modalidade conxunta de proxectos de colaboración e de coordinación e apoio.

  • Co obxectivo de apoiar novas infraestruturas levarase a cabo a fase preparatoria da devandita construción e construción propiamente dita. Do mesmo xeito que o anterior tratarase de proxectos conxuntos que inclúen proxectos de colaboración e de coordinación.

  • Por último, o apoio á política de desenvolvemento e a implementación de programas levará a cabo mediante accións de coordinación e apoio que incluirán: cooperación internacional cos Estados Unidos sobre políticas de datos e estándars, cooperación con EEUU en e-infraestruturas para datos científicos e accións de coordinación, conferencias e estudos.

Destinatarios

Poderán presentarse as infraestruturas de investigación, as autoridades públicas,socios tecnolóxicos, institutos de investigación, universidades, a industria, incluídas as pemes, os usuarios finais potenciais.
Ademais, en determinadas accións poderán presentarse outros solicitantes se así o dispón a Guía do Solicitante.

Socios

A necesidade de actuar con organizacións asociadas dependerá do esquema de financiamento adoptado:

  • Nos proxectos de colaboración en común con accións de coordinación, así como en accións de coordinación por si mesmas a solicitude deberá ser presentada por tres entidades legalmente constituídas que pertenzan a tres Estados membros ou países asociados.
  • As accións de apoio no marco dun proxecto de coordinación e apoio poderán ser presentadas por unha soa entidade.

Financiamento

A financiación dependerá de cada tipo de acción e acharase conforme ao establecido no Programa de Traballo.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento desta Convocatoria de propostas é de 90.3 millóns de euros.

Duración do proxecto

A duración variará segundo o tipo de acción, non obstante a duración media estará en torno aos 4 anos.

Data de publicación

20/07/2011

Data límite de solicitude

23/11/2011

Documentación

Contacto

Victoria Ortega
MICINN
Albacete, 5 - 7ª planta
28027
Madrid
Tel: +34-91-6038334

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante