Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-PEOPLE-2012-IRSES. Réxime Marie Curie de intercambio internacional de persoal investigador

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

O programa PEOPLE do 7PM ten como obxectivo fortalecer cuantitativa e cualitativamente o potencial humano da investigación e a tecnoloxía en Europa mediante a formación, a mobilidade e o desenvolvemento dos investigadores pertencentes a universidades, organizacións ou empresas.

Obxectivo específico da convocatoria

O Réxime Marie Curie de intercambio internacional de persoal investigador é unha acción que ten como obxectivo fortalecer as alianzas de investigación a través de intercambios de persoal e actividades en rede entre as organizacións europeas de investigación e organizacións de investigación de países cos que a Unión Europea ten un acordo de ciencia e tecnoloxía ou está en proceso de negociación do mesmo, así como os países cubertos pola Política Europea de Veciñanza.

Eidos de actuación

Os participantes presentarán propostas plurianuais para programas conxuntos adicados ao intercambio de persoal investigador. O persoal técnico e de xestión tamén poderá participar nos intercambios.

Destinatarios

Un dos participantes nesta acción é unha organización de investigación que será un membro da asociación que contribúa directamente á realización do programa de intercambio, mediante o envío e / ou aloxamento de investigadores elexibles.

Socios

As solicitudes deben ser presentadas por polo menos dúas ”organizacións de investigación” independentes, establecidas en alomenos 2 Estados membros diferentes ou países asociados, e unha ou máis ”organizacións de investigación”, situadas en países cos que a Unión Europea estivo ou está en proceso de negociación dun acordo de ciencia e tecnoloxía, ou en países cubertos pola Política Europea de Veciñanza.

Financiamento

O financiamento acharase en base a cada tipo de acción e segundo o disposto no Anexo III do Programa de Traballo para o ano 2012.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento da presente convocatoria será de 30 millóns de euros.

Duración do proxecto

O apoio financeiro será concedido para un período de entre 24 e 48 meses.

Data de publicación

20/07/2011

Data límite de solicitude

18/01/2012

Documentación

Contacto

Nicolás Ojeda
Ministerio de Ciencia e Innovación
Oficina Europea
C/ Albacete, 5 - 2a planta Este
28027
Madrid
Tel: +34-91-6037956

Marta Sánchez
Ministerio de Ciencia e Innovación
Subdirección General de Programas Europeos
c/Albacete 5 - 5ª sur
28027
Madrid
Tel: +34-91-6038399

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante