Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-PEOPLE-2012-ITN. Redes de formación inicial Marie Curie

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

O programa PEOPLE do 7PM ten como obxectivo fortalecer cuantitativa e cualitativamente o potencial humano da investigación e a tecnoloxía en Europa mediante a formación, a mobilidade e o desenvolvemento dos investigadores pertencentes a universidades, organizacións ou empresas.

Obxectivo específico da convocatoria

Esta acción ten como objectivo mellorar as perspectivas profesionais dos investigadores na súa fase inicial, tanto no sector público como privado, facendo as carreiras de investigación máis atractivas para os mozos. Esto acádase a través dun mecanismo de redes transnacionais, cuio objectivo é estructurar a actual capacidade de formación da investigación inicial nos Estados membros e terceiros estados.

Eidos de actuación

Esta acción trata de programas conxuntos de formación en investigación na forma de Rede de investigadores noveis (ITN), Doutorado Europeo Industrial (DEI) ou Programas de Doutoramento Innovadores (PDI).

Destinatarios

Os participantes serán organizacións tales como universidades, institutos de investigación, empresas (incluidas as pemes), etc. que participen activamente nunha rede.

Socios

Na Rede de Investigadores Noveis (multi-ITN) requírense polo menos tres participantes establecidos en diferentes Estados membros ou países asociados. Os participantes poderán ser de terceiros países se así se determina nas condicións do 7PM.

No caso do Doutoramento Europeo Industrial requírense dous participantes: unha institución académica e unha entidade privada, establecidas en diferentes Estados membros ou países socios.

No caso dos Programas de Doutoramento Innovadores pode presentarse un único participante asociado a unha rede de investigación.

Financiamento

O financiamento acharase en base a cada tipo de acción e segundo o disposto no Anexo III do Programa de Traballo para o ano 2012.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento da convocatoria será de 423 millóns de euros.

Data de publicación

20/07/2011

Data límite de solicitude

12/01/2012

Documentación

Contacto

Nicolás Ojeda
Ministerio de Ciencia e Innovación
Oficina Europea
C/ Albacete, 5 - 2a planta Este
28027
Madrid
Tel: +34-91-6037956

Marta Sánchez
Ministerio de Ciencia e Innovación
Subdirección General de Programas Europeos
c/Albacete 5 - 5ª sur
28027
Madrid
Tel: +34-91-6038399

Comentarios

Prevese que a avaliación das solicitudes estará lista 4 meses trala finalización do prazo de solicitude.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante