Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

ERC-2012-StG. Subvención do CEI para investigadores independentes que inician a súa carreira

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

O obxectivo do Consello Europeo de Investigación (CEI) será reforzar a excelencia, o dinamismo e a creatividade na investigación europea e mellorar o atractivo do Europa para os mellores investigadores de países europeos e terceiros países, así como o investimento en investigación industrial.

Obxectivo específico da convocatoria

As subvencións do CEI teñen como obxectivo impulsar a carreira de investigadores excelentes, proporcionándolles o apoio adecuado na etapa crítica, é dicir, cando están comezando a consolidar o seu propio equipo de investigación ou programa.

Eidos de actuación

Investigacións levadas a cabo tanto no ámbito científico coma en ciencias sociais e humanidades.

Destinatarios

Investigadores en tódolos ámbitos. Normalmente, segundo o Programa de Traballo, o investigador principal debe obter o seu Doutoramento entre os 2 e os 12 anos anteriores á Convocatoria de propostas.
A presente convocatoria non só está aberta para nacionais dos Estados membros, sen embargo, para poder participar é necesario que o proxecto se desenvolva no territorio da Unión ou dun país asociado.

Financiamento

A contribución financeira da Unión adoptará a forma de reembolso de ata o 100% dos custos elexibles aprobados da acción. Ademais, inclúese o financiamento a un interés fixo de parte dos custos indirectos.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento da convocatoria ascende a 729 982 620 euros.

Este total repartirase entre conforme as seguintes porcentaxes:

- 44% para Ciencias Físicas e Enxeñerías.
- 39% para Ciencias Biolóxicas
- 17% para Ciencias Sociais e Humanidades

Duración do proxecto

A Convocatoria de propostas non establece unha duración determinada.

Data de publicación

20/07/2011

Data límite de solicitude

24/11/2011

Documentación

Contacto

Lucía del Rio
Instituto de Salud Carlos III (ISCIII)
C/ Sinesio Delgado nº6, Pabellón 6
28029
Madrid
Tel: +34-91-8222381

María Vallejo
Ministerio de Ciencia e Innovación
Subdirección General de Programas Europeos
c/Albacete 5 - 5ª sur
28027
Madrid
Tel: +34-91-6037114

Comentarios

Está previsto que os proxectos comecen a desenvolverse nos seis meses seguintes á concesión da subvención.
O único criterio para a concesión será a excelencia investigadora.
É recomendable rexistrarse e presentar a solicitude o antes posible.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante