Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-INCO-2012-2. Actividades de cooperación internacional

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

Os obxectivos da Cooperación internacional dentro do 7PM serán:

  • Apoiar a competitividade europea fomentando asociacións estratéxicas con terceiros países en determinados campos da ciencia e atraendo aos mellores investigadores de terceiros países para traballar en e con Europa.

  • Facilitar os contactos con socios de terceiros países co obxectivo de mellorar o acceso á investigación levada a cabo noutras partes do mundo.

  • Abordar problemas concretos que afectan a terceiros países ou que teñen un carácter global, en base do interese mutuo e o beneficio mutuo.

Obxectivo específico da convocatoria

Fortalecer e desenvolver asociacións de ciencia e tecnoloxía.

Eidos de actuación

Baixo esta Convocatoria de propostas desenvolveranse únicamente accións de apoio que perseguen unha coordinación bilateral co obxectivo de fortalecer e desenvolver asociacións de ciencia e tecnoloxía.

En concreto, estas accións de apoio levaranse a cabo en Australia, Brasil, China, India, Nova Zelandia, Rusia, Suráfrica, Korea do Sur e Estados Unidos, asi como en Argentina, Chile, Jordan, Marrocos e Ucraína.

Destinatarios

Institutos de investigación, universidades, industria (incluidas as pemes), directores e propietarios de programas (ERA-NET e accións de Infraestrutura de Investigación).

Socios

A participación con socios é recomendable, pero non obrigatoria.

Financiamento

Para cada unha das zonas prevista adicaranse 4 millóns do orzamento total. As porcentaxes de participación final dependerán do tipo de Acción, segundo o especificado no correspondente Programa de Traballo.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento desta convocatoria será de 16 millóns de euros.

Duración do proxecto

A duración das accións de apoio poderá estar entre uns meses ata 2 ou 4 anos, dependendo de cada acción.

Data de publicación

20/07/2011

Data límite de solicitude

15/11/2011

Documentación

Contacto

Almudena Carrero
Ministerio de Ciencia e Innovación
Oficina Europea
C/ Albacete, 5 - 5a planta Sur
28071
Madrid
Tel: +34-916037986

Esperanza Martín Sánchez
Ministerio de Ciencia e Innovación, Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI)
C/Cid, 4
28001
Madrid
Tel: +34-902-347434

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante