Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-INCO-2012-1. Actividades de cooperación internacional

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

Os obxectivos da Cooperación internacional dentro do 7PM serán:

  • Apoiar a competitividade europea fomentando asociacións estratéxicas con terceiros países en determinados campos da ciencia e atraendo aos mellores investigadores de terceiros países para traballar en e con Europa.

  • Facilitar os contactos con socios de terceiros países co obxectivo de mellorar o acceso á investigación levada a cabo noutras partes do mundo.

  • Abordar problemas concretos que afectan a terceiros países ou que teñen un carácter global, en base do interese mutuo e o beneficio mutuo.

Obxectivo específico da convocatoria

Os proxectos baixo esta convocatoria de propostas estarán orientados a apoiar o desenvolvemento de asociacións máis estratéxicas e orientadas cara aos resultados, no contexto de acordos bilaterais ou birrexionais de cooperación política centrados en abordar os desafíos da sociedade.

Eidos de actuación

Baixo esta Convocatoria levaranse a cabo accións de coordinación birexional da cooperación en ciencia e tecnoloxía, así como o establecemento e definición de prioridades das políticas de cooperación en ciencia e tecnoloxía.

En concreto levarán a cabo accións de coordinación e apoio na África Subsahariana, América Latina e Caribe, Rexión Mediterránea e Sureste Asiático.

Destinatarios

Institutos de investigación, universidades, industria (incluidas as pemes), directores e propietarios de programas (ERA-NET e accións de Infraestrutura de Investigación).

Socios

A solicitude debe ser presentada como mínimo por tres entidades legalmente constituídas en 3 Estados membros ou países participantes no 7PM.

Financiamento

Para cada unha das zonas prevista adicaranse 4 millóns do orzamento total. As porcentaxes de participación final dependerán do tipo de Acción, segundo o especificado no correspondente Programa de Traballo.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento desta convocatoria ascende a 16 millóns de euros.

Duración do proxecto

Non existe límite de duración mínima nen máxima, non obstante, as accións de coordinación habitualmente teñen unha duración de 2 a 4 anos e as accións de apoio tenrán unha duración un pouco inferior.

Data de publicación

20/07/2011

Data límite de solicitude

15/11/2011

Documentación

Contacto

Almudena Carrero
Ministerio de Ciencia e Innovación
Oficina Europea
C/ Albacete, 5 - 5a planta Sur
28071
Madrid
Tel: +34-916037986

Esperanza Martín Sánchez
Ministerio de Ciencia e Innovación, Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI)
C/Cid, 4
28001
Madrid
Tel: +34-902-347434

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante