Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-SEC-2012-1. Investigación en materia de seguridade

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

O programa específico sobre Cooperación apoia tódolos tipos de actividades de investigación realizadas por diversas entidades científicas en cooperación transnacional e pretende acadar ou consolidar o liderado en eidos clave da ciencia e a tecnoloxía.

Obxectivo específico da convocatoria

O principal obxectivo desta convocatoria é desenvolver solucións innovadoras de seguridade e facilitar a súa rápida incorporación á implementación de políticas e programas de seguridade.

Eidos de actuación

Dentro desta Convocatoria de Seguridade levarán a cabo tanto proxectos de colaboración como actividades de coordinación e apoio. En particular as actividades que levarán a cabo incluirán:

  • Actividades para aumentar a seguridade cidadá.

  • Seguridade de infraestruturas e servizos.

  • Vixilancia intelixente e seguridade transfronteiriza.

  • Restablecemento da seguridade en caso de crise.

  • Integración de sistemas de seguridade, interconexión e interoperabilidad.

  • Seguridade e sociedade.

  • Coordinación da seguridade e a estructuración da investigación.

Destinatarios

Institutos de investigación, Universidades, industria (incluidas as pmes) e usuarios finais potenciais. Ademais, os proxectos de coordinación e apoio tamén irán destinados aos directores e propietarios de proxectos de investigación.

Socios

Para os proxectos de colaboración e as accións de coordinación: a solicitude deberá ser presentada por alomenos tres entidades legais independentes establecidas en distintos Estados membros ou países participantes no 7º Programa Marco.

As accións de apoio poderán ser presentadas por unha entidade legal independente.

Financiamento

O financiamento acharase en base aos custos elexibles da acción, aos que se lles aplicarán as porcentaxes que cada ano se determinen no Programa de Traballo de cada Tema (neste caso tema 10: Seguridade).

En concreto establécese que o financiamento neste Tema poderá acadar o 75% para os proxectos de investigación.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento da presente convocatoria será de 241.700.000 euros.

O 45% do orzamento irá destinado aos temas que se implementen a través de proxectos de integración ou demostración. O 55% restante distribuirase entre os outros temas.

Duración do proxecto

Os proxectos de colaboración soen durar entre 2 e 5 anos. Pola súa parte, as accións de coordinación habitualmente duran entre 2 e 4 anos y as de apoio tenrán unha duración inferior.

Data de publicación

20/07/2011

Data límite de solicitude

23/11/2011

Documentación

Contacto

Miguel Ortiz
CDTI (Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial)
Dpto. de Aeronautica, Transporte y Seguridad
C/ Cid, 4
28001
Madrid
Tel: +34-91-5810707

Carlos Prieto
INTA
Ctra. de Ajalvir, 4
E-28850
Torrejón de Ardoz
Tel: +34-91-5201152

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante