Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-SPACE-2012-1. Apoio á Política Espacial Europea

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

O programa específico sobre Cooperación apoia tódolos tipos de actividades de investigación realizadas por diversas entidades científicas en cooperación transnacional e pretende acadar ou consolidar o liderado en eidos clave da ciencia e a tecnoloxía.

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo do programa espacial do 7PM é apoiar unha política espacial europea centrada en aplicacións como o GMES (Global monitoring for environment and security) con beneficios para os cidadáns, así como noutras áreas fundamentais para a competitividade da industria espacial europea. Isto contribuirá a cumprir o total de obxectivos da Política Espacial Europea, complementando a labor dos Estados membros e doutros actores crave, incluíndo a Axencia Espacial Europea.

Eidos de actuación

A presente convocatoria de propostas prevé o desenvolvemento tanto de proxectos de colaboración como de accións de coordinación e apoio. Ademais elabora unha lista dos temas nos que se centrará a presente convocatoria:

  • Aplicacións espaciais ao servizo da sociedade europea (GMES).
  • Aplicacións espaciais ao servizo da sociedade europea (apoio á análise de datos).
  • Fortalecemento das bases da ciencia e a tecnoloxía espacial (apoio á ciencia e exploración espacial).
  • Fortalecemento das bases da ciencia e a tecnoloxía espacial (investigación para a transportación e tecnoloxías crave).
  • Actividades transversais (investigación específica pemes).
  • Actividades transversais (estudos en apoio da Política Espacial Europea).

Destinatarios

Institutos de investigación, Universidades, industria (incluidas as pmes) e usuarios finais potenciais. Ademais, os proxectos de coordinación e apoio tamén irán destinados aos directores e propietarios de proxectos de investigación.

Socios

Para os proxectos de colaboración e as accións de coordinación: a solicitude deberá ser presentada por alomenos tres entidades legais independentes establecidas en distintos Estados membros ou países participantes no 7º Programa Marco.

As accións de apoio poderán ser presentadas por unha entidade legal independente.

Financiamento

O financiamento acharase en base aos custos elexibles da acción, aos que se lles aplicarán as porcentaxes que cada ano se determinen no Programa de Traballo de cada Tema (neste caso Tema 9. Espazo)

Orzamento total da convocatoria

O orzamento desta convocatoria será de 84 millóns de euros.

Duración do proxecto

Os proxectos de colaboración soen durar entre 2 e 5 anos. Pola súa parte, as accións de coordinación habitualmente duran entre 2 e 4 anos y as de apoio tenrán unha duración inferior.

Data de publicación

20/07/2011

Data límite de solicitude

23/11/2011

Documentación

Contacto

Héctor Guerrero
INTA
Ctra. De Ajalvir, Km. 4
28850
Torrejón de Ardoz (Madrid)
Tel: +34-915202152

Juan Ureña Carazo
Ministerio de Ciencia e Innovación, Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial - CDTI
C/Cid, 4
28001
Madrid
Tel: +34-91-5810491

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante