Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-ENV-2012-one-stage. Colaboración e coordinación en Medio ambiente.

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

O programa específico sobre Cooperación apoia tódolos tipos de actividades de investigación realizadas por diversas entidades científicas en cooperación transnacional e pretende acadar ou consolidar o liderado en eidos clave da ciencia e a tecnoloxía.

Obxectivo específico da convocatoria

A presente convocatoria de propostas levará a cabo programas de colaboración e proxectos de coordinación e apoio cós seguintes obxectivos:

  • Facer fronte ao cambio climático.

  • Xestionar e utilizar de xeito sustentable a terra e o mar.

  • Mellorar a eficiencia dos recursos.

  • Protexer aos cidadáns dos perigos ambientais.

  • Trasladar os coñecementos ambientais á política, a industria e a sociedade.

  • Actividades horizontais e transversais.

Eidos de actuación

Os proxectos de colaboración levarán a cabo: actividades de investigación e desenvolvemento tecnolóxico, actividades de demostración destinadas a probar a viabilidade dos novos descubrimentos e actividades de xestión que asegurarán a conexión entre todos os compoñentes do proxecto e manterán a comunicación coa Comisión.

As actividades de coordinación servirán para a organización de eventos (conferencias, seminarios...) e, se é preciso, para a elaboración de iniciativas conxuntas.

Por último as actividades de apoio consistirán en control e asesoramento, traballo técnico, desenvolvemento de estratexias, cooperación con outras organizacións de investigación, etc.

Destinatarios

Institutos de investigación, Universidades, industria (incluidas as pmes) e usuarios finais potenciais. Ademais, os proxectos de coordinación e apoio tamén irán destinados aos directores e propietarios de proxectos de investigación.

Socios

Para os proxectos de colaboración e as accións de coordinación: a solicitude deberá ser presentada por alomenos tres entidades legais independentes establecidas en distintos Estados membros ou países participantes no 7º Programa Marco.

As accións de apoio poderán ser presentadas por unha entidade legal independente.

Financiamento

O financiamento acharase en base aos custos elexibles da acción, aos que se lles aplicarán as porcentaxes que cada ano se determinen no Programa de Traballo de cada Tema (neste caso Tema 6: Medio ambiente-incluído o cambio climático-).

Orzamento total da convocatoria

O orzamento desta convocatoria será de 38 millóns de euros.

Duración do proxecto

Os proxectos de colaboración soen durar entre 2 e 5 anos. Pola súa parte, as accións de coordinación habitualmente duran entre 2 e 4 anos y as de apoio tenrán unha duración inferior.

Data de publicación

20/07/2011

Data límite de solicitude

20/10/2011

Documentación

Contacto

Begoña Artiñano
Ministerio de Ciencia e Innovación (CIEMAT)
Avda. Complutense 22
28040
Madrid
Tel: +34-91-3466501

María José Tomás Sánchez
CDTI-Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial, Ministerio de Ciencia e Innovación
Energía, Quimica,Medio Ambiente, Producción y Servicios
c/ Cid 4
28001
Madrid
Tel: +34 902 347 434

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante