Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FP7-ENV-2012-two-stage. Cooperación no eido do medio ambiente

Programa

7º PROGRAMA MARCO DE I+D

Obxectivo xeral

O programa específico sobre Cooperación apoia tódolos tipos de actividades de investigación realizadas por diversas entidades científicas en cooperación transnacional e pretende acadar ou consolidar o liderado en eidos clave da ciencia e a tecnoloxía.

Obxectivo específico da convocatoria

A presente convocatoria de propostas está destinada ao financiamento de proxectos de colaboración ambientais. En particular levarán a cabo accións para:

  • Facer fronte ao cambio climático.

  • Xestión e utilización sustentable da terra e o mar.

  • Mellorar a eficiencia dos recursos.

  • Protexer aos cidadáns dos perigos ambientais.

  • Trasladar os coñecementos ambientais á política, a industria e a sociedade.

Eidos de actuación

Con respecto aos obxectivos específicos destacados, baixo esta convocatoria de propostas levarán a cabo: actividades de investigación e desenvolvemento tecnolóxico, actividades de demostración destinadas a probar a viabilidade dos novos descubrimentos e actividades de xestión que asegurarán a conexión entre todos os compoñentes do proxecto e manterán a comunicación coa Comisión.

Destinatarios

Institutos de investigación, Universidades, industria (incluídas as pemes) e usuarios finais potenciais.

Socios

A solicitude deberá ser presentada por alomenos tres entidades legais independentes establecidas en distintos Estados membros ou países participantes no 7º Programa Marco.

Financiamento

O financiamento acharase en base aos custos elexibles da acción, aos que se lles aplicarán as porcentaxes que cada ano se determinen no Programa de Traballo de cada Tema (neste caso Tema 6: Medio ambiente-incluído o cambio climático-).

Orzamento total da convocatoria

O orzamento desta convocatoria ascende a 217 millóns de euros.

Duración do proxecto

Non existen límites á duración, non obstante indícase que os proxectos de colaboración normalmente teñen unha duración entre 2 e 5 anos.

Data de publicación

20/07/2011

Data límite de solicitude

20/10/2011

Documentación

Contacto

Begoña Artiñano
Ministerio de Ciencia e Innovación (CIEMAT)
Avda. Complutense 22
28040
Madrid
Tel: +34-91-3466501

María José Tomás Sánchez
CDTI-Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial, Ministerio de Ciencia e Innovación
Energía, Quimica,Medio Ambiente, Producción y Servicios
c/ Cid 4
28001
Madrid
Tel: +34 902 347 434

Comentarios

Trátase dunha convocatoria de propostas en dúas fases de xeito que só os candidatos que superen a primeira fase poderán presentar unha solicitude completa para a segunda fase.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante